Actividades
Plan Director de Convivencia: Prevención no consumo de drogas.
Enviado por admin o Mér, 08/03/2017 - 13:03Plan Director de Convivencia: Acoso escolar.
Enviado por admin o Xov, 23/02/2017 - 21:23O Guernica de Picaso.
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 13:13Día da Paz.
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 11:38No Día da Paz fixemos varias actividades:
-Os talonarios de vales pola Paz, para mellorara a convivencia e as relacións no centro.
-Os mandalas da Paz cos personaxes de "Isla Fantasía".
-O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria traballaron o cadro de Picasso "O Guernica".
-Cantamos xuntos a canción "Busca la luz".
Picando na imaxe pódense ver as fotografías das actividades desta celebración
Pola igualdade e contra a violencia de xénero: “Que ninguén apague a túa luz”
Enviado por admin o Ven, 25/11/2016 - 22:48Cun faroliño representamos esa luz que todos levamos dentro e que ninguén ten dereito a apagar con insultos, nin con desprezos, nin con golpes… sexamos homes ou mulleres. Hoxe Dia Internacional contra a Violencia de Xénero a nosa frase é: "Que ninguén apague a túa luz".
Os neos e nenas de 6º curso de Primaria presentaron o acto e narraron un fermoso conto Arturo y Clementina, no que se potencian os valores de igualdade e coeducación e denuncian os esteorotipos sexistas e de discriminación.
Clicando na imaxe pódese ver a galería de imaxes desta actividade
Durante os meses de outubro e novembro estivemos levando a cabo talleres para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. Esta actividade formativa foi promovida pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Sada. Desde esa Concellería, para visualizar o traballo levado a cabo en todas aulas do centro, realizouse un audiovisual, La balanza, no que participaron alumnos do colexio. A nosa felicitación e agradecemento a Olaia, a persoa que se encargou de impartir os talleres e de editar o audiovisual.
VI Carrera del Agua Gotas para Niger en Sada
Enviado por admin o Mar, 27/09/2016 - 13:49Unicef, coa colaboración do Clube de Atletismo de Sada, organiza a "VI Carrera del Agua Gotas para Niger en Sada". Terá lugar o domingo 2 de outubro no Paseo Marítimo.
Coro, colaboradora de UNICEF, visitou o noso Colexio para informarnos desta iniciativa solidaria na que vos animamos a participar.
Podedes inscribirvos contactando co Clube de Atletismo de Sada
Plan Director de Convivencia
Enviado por admin o Xov, 25/02/2016 - 22:03
Dentro das actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro realizáronse dúas charlas do Plan Director para a Convivencia impartidas formadores da Garda Civil. Neste curso impartironse charlas sobre dous temas: violencia de xénero e acoso escolar. |
Plan Director de Convivencia
Enviado por admin o Mér, 23/01/2013 - 13:53
Dentro das actividades programadas polo Observatorio de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, ofértanse á Comunidade Educativa dúas charlas do Plan Director para a Convivencia, impartidas por Jesús e Fernando, formadores da Garda Civil. Neste curso no noso centro impartironse charlas sobre dous temas: -Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías. -Consumo e tráfico de drogas. |
Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar
Enviado por admin o Ven, 11/01/2013 - 10:23
Dentro das actividades programadas polo Observatorio de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, ofértanse á Comunidade Educativa dúas charlas do Plan Director para a Convivencia.
O “III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar”, ao igual que en anos anteriores, ofrece aos centros educativos durante o curso 2012-2013 a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial desenvolvida nos centros.
Neste curso no noso centro impartiranse charlas sobre dous temas:
-Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías.
-Consumo e tráfico de drogas.
Os días 16 e 23 de xaneiro, en horario lectivo, impartiranse dúas charlas dirixidas aos alumnos do 3º ciclo de educación primaria.
Escola de nais e pais.
Os martes 15 e 22 de xaneiro de 2013 ás 19 horas haberá dúas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado sobre os temas citados :
Día 15. Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías.
Día 22. Consumo e tráfico de drogas.
INSCRICIÓN. Para participar nas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado é necesario inscribirse nas mesmas. Esta inscrición deberá formalizarse por correo electrónico ao enderezo ceip.sada@gmail.com ata o luns 14 de xaneiro inclusive.
No correo indicarase o nome e apelidos da persoa ou persoas que solicitan asistir e o día ou días que asistirán ás charlas. De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade, o que se comunicaría aos solicitantes.
Sada a 11 de xaneiro de 2013.
Entroido: Sada nos anos 20
Enviado por admin o Sáb, 18/02/2012 - 16:45
O 17 de febreiro celebramos a Festa do Entroido lembrando como era Sada nos anos 20 do pasado século. Por aqueles anos foi cando se fixo o noso colexio, se inaugurou o tranvía, veu a Terraza para Sada, publicábase a revista Mariñana, Manuel Lugris escribía historias e poesías de Sada, emigraban sadenses a Nova York, viñan bañistas a tomar os baños, maestras e inspectores daquela época, bailes e atuendos deses anos, anuncios, historias de merlos e de caciques, rap "S de Sada",... Para rematar filloas, orellas e rosquiñas. Menuda festa! |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »
