Fin de curso
Enviado por admin o Xov, 18/06/2020 - 17:19A situación tan excepcional que vivimos estes meses condicionou o desenvolvemento do terceiro trimestre e supuxo que se cancelasen os diferentes actos programados para este final de curso, polo que entre outras cousas, non puidemos despedir como nos gustaría e como se merecen ao alumnado de 6º de EP. Todo o noso cariño para eles/as e as súas familias, desexándolles o mellor nesta nova etapa da súa vida. Sada y sus Contornos sempre será o voso colexio e a vosa casa. Ata sempre!
Para despedir o curso cun bo sabor de boca, aquí tedes tres vídeos para recordar todo o bo que nos une.
Esta previsto que o inicio de curso 2020 2021 sexa o 10 de setembro.
Ou Claustro de profesores, o persoal do centro e Asociación de Nais e Pais desexan a todos/ as un feliz verán.
Curso 2019-2020
Vídeo Promoción 2011 2020
Rolling in the deep interpretado polo alumnado de 5º e 6º
INFORMACIÓNS FIN DE CURSO
Enviado por admin o Mér, 17/06/2020 - 15:37Axudas de libros e material para Educación Primaria e Fondo Libros. As solicitudes pódense presentar ata o vindeiro venres 19 de xuño na secretaría do centro en horario de 09:30 a 13:30.
Comunicarase ás familias cando repartiranse os vales das axudas para a adquisición dos libros e para material e a publicación da resolución de adxudicación de libros do Fondo da Consellería. Os libros adxudicados entregaranse ao alumnado ao inicio do curso.
Proxecto E-DIXGAL: O noso colexio está incluído na relación final de centros seleccionados para participar no proxecto E-DIXGAL o vindeiro curso. O proxecto E-Dixgal pon a disposición do alumnado os contidos de todas as materias correspondentes ao seu curso (neste caso 5º de EP) na plataforma virtual de aprendizaxe. Isto significa que non emprega libros en papel, unicamente libros dixitais e o ordenador que proporcionaráselle será a súa ferramenta de estudo.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no Proxecto E-Dixgal no curso 2020/21 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. No obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar. Polo que as familias poden presentar a solicitude neste apartado.
Banco de libros de texto da ANPA. As familias que desexen acollerse ao banco de libros da ANPA ou aquelas que solicitaran libros do Fondo da Consellería, e non se lles concederan ou solo lles concederan algún, deben realizar a petición ao Banco de Libros da ANPA a través dun cuestionario que estará accesible na páxina web do colexio cando se publique a adxudicación de Fondo libros da Consellería. É moi importante que unha vez coñecida a resolución do Fondo de libros as familias cubrades o cuestionario para coñecer de maneira exacta as necesidades que ten que cubrir o banco de libros da ANPA, especialmente en 3º de EP onde cambiaron os libros de texto que se utilizaban estes anos.
Entrega dos boletíns informativos. O venres 19, a partir das 14:00 horas, estarán dispoñibles os boletíns informativos a través da aplicación Abalar Móbil.
COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020 2021
Enviado por admin o Lun, 15/06/2020 - 14:19Ábrese o período de inscrición no servizo de comedor do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2020-2021, no que se ofertan 50 prazas para todas aquelas familias que se queiran ver beneficiadas polo mesmo. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada.
O prazo de entrega de documentación comeza hoxe, luns 15 de xuño, e remata o venres 10 de xullo. A documentación entregarase no rexistro de entrada do concello, mediante cita previa, sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica https://sede.sada.gal/opencms/es/index.html
ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2020-2021. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
Enviado por admin o Lun, 15/06/2020 - 09:18Procédese á admisión definitiva das solicitude recibidas neste centro para o curso 2020-2021.
Seguindo o punto 7 das Instrucións do 30 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a listaxe definitiva só estará dispoñible no taboleiro interior do centro. Tamén poden realizar a consulta, se fixeron a solicitude mediante sede electrónica, no portal de "admisionalumnado".
O alumnado que solicitou praza nos seguintes cursos está todo admitido ao haber menos solicitudes que prazas:
- 4º de Educación Infantil.
- 5º de Educación Infantil.
- 5º de Educación Primaria.
O alumnado que solicitou praza nos seguintes cursos non foi admitido por non existir prazas vacantes:
- 1º de Educación Primaria.
- 4º de Educación Primaria.
O prazo de formalización de matrícula é do 1 ao 10 de xullo.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS PARA O CURSO 2020 2021
Enviado por admin o Xov, 11/06/2020 - 13:12INFORMACIÓN IMPORTANTE
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria non mercarán ningún libro de texto, salvo o de inglés, ata que o titor/a encargado/a de impartir docencia nestes cursos traslade ás familias no mes de setembro a listaxe de materiais a empregar.
5º de Educación Primaria. O centro está incluído na listaxe provisional para formar parte do proxecto E-dixgal o vindeiro curso. Isto supón que o alumnado empregara libros dixitais.
O profesorado que imparte as áreas de música e relixión non empregará libros de texto o vindeiro curso.
En 3º e 4º de Educación Primaria non se empregará libro de lingua galega.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
Enviado por admin o Xov, 04/06/2020 - 19:44O Consello Escolar do centro aprobou, hoxe día 5 de xuño de 2020, a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar.
O alumnado que solicitou praza nos seguintes cursos está todo admitido ao haber menos solicitudes que prazas:
- 4º de Educación Infantil.
- 5º de Educación Infantil.
- 5º de Educación Primaria.
O alumnado que solicitou praza nos seguintes cursos non foi admitido por non existir prazas vacantes:
- 1º de Educación Primaria.
- 4º de Educación Primaria.
Seguindo o punto 7 das Instrucións do 30 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a relación de admitidos e non admitidos só estará dispoñible no taboleiro interior do centro. Tamén poden realizar a consulta, se fixeron a solicitude mediante sede electrónica, no portal de "admisionalumnado".
RECOLLIDA DO MATERIAL DO ALUMNADO E DEVOLUCIÓN DOS MATERIAIS DO FONDO DE LIBROS E DO BANCO DE LIBROS DA ANPA
Enviado por admin o Lun, 01/06/2020 - 21:22Seguindo a Resolución do 22 de maio e co fin de evitar aglomeracións de persoas no colexio, establécese a seguinte organización para a devolución dos materiais do Fondo Libros, do Banco da ANPA e a recollida do material do alumnado por parte das familias:
Luns 15 | Martes 16 | Mércores 17 | Xoves 18 | Venres 19 |
3º Educación Primaria
|
6º Educación Infantil 2º Educación Primaria |
4º Educación Primaria 1º Educación Primaria |
5º Educación Primaria |
Entrega boletíns Abalar Móbil |
6º de EP o xoves 25 de xuño, cando as familias veñan a recoller a documentación para a ESO. |
O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil non acudirá ao centro. Os materiais entregaranse ao comezo do vindeiro curso.
- Cada titora organizará quendas para asistir ao centro. Porase en contacto coas familias do seu curso para comunicarlle o horario asignado.
- Familias con irmáns no centro:
- o Se só un o ningún ten que devolver libros, a familia poderá acudir un día ao centro, o día da devolución dos libros. Terán que informar con anterioridade ás titoras de todos os cursos nos que teñan fillos/as.
- As familias que teñan que devolver libros, terán que acudir ao centro eses días, para que o control da devolución corra a cargo da titora que realizou a entrega.
- No días que coincidan dous cursos, as familias seguirán as indicacións colocadas na entrada do colexio e do conserxe.
- Na entrada de cada aula colocaranse dispensadores de xel hidroalcohólico.
- Solicítase as familias:
1. Puntualidade.
2. Manteñan a distancia de seguridade.
3. Acudan ao centro con mascarilla.
4. Traian bolsas ou mochilas para levar os materiais.
5. Veñan, de ser posible, unha soa persoa por familia.
- Tamén repartirase ao alumnado o xornal escolar, o álbum e os cromos do Proxecto de Igualdade MIS+.
- O alumnado que teña libros da biblioteca do centro na casa, deberá devolvelos.
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA
Enviado por admin o Mér, 20/05/2020 - 09:40No DOG de 19 de maio de 2020 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.
No curso 2020/2021 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.
Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 19 de xuño de 2020, inclusive.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro (en horario de 09:30 a 13:30) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.
No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:
-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000,00 euros: 210 euros
-Renda per cápita familiar superior a 6.000 ata 10.000,00 euros: 140 euros
Para os efectos de renda terse en conta o exercicio fiscal do ano 2018 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2018.
No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto. A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.
Banco de libros da Asociación de Nais e Pais.
- 3º e 5º de EP: Este ano corresponde cambiar os libros de texto para estes cursos polo que a ANPA, en principio, no contaría cun banco de libros para os mesmos. A ANPA está estudando a maneira de, unha vez publicada a listaxe definitiva de admitidos no fondo libros, cubrir as necesidades das familias do centro que non poderon acollerse a el.
- 4º e 6º de EP: Para aquelas familias que non se lles concedan libros a través do Fondo solidario (por superar os límites de renda) hai libros da ANPA nestes cursos que seguramente sexan suficientes.
- A ANPA comunicará más adiante como acollerse ao Banco de libros.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021: ACREDITACIÓN DOS CRITERIOS PRESENTADOS
Enviado por admin o Mar, 19/05/2020 - 10:45Teñen que aportar a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados as familias que solicitaron praza para os seguintes cursos:
- 1º de Educación Primaria.
- 4º de Educación Primaria.
O prazo de presentación da documentación é ata o día 26 de maio, en horario de 9:00 a 14:00.
Documentación acreditativa do baremo
Non obstante, consultaranse de forma automática a través de admisionalumnado (salvo oposición expresa que conste na solicitude) e non será necesario acreditar os datos relativos a:
• Domicilio fiscal e renda per cápita da unidade familiar.
• Condición de familia numerosa.
• Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns recoñecida pola xunta de Galicia.
3º TRIMESTRE
Enviado por admin o Lun, 18/05/2020 - 09:34Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre, publícanse as Adaptacións das programacións didácticas do 3º trimestre.
Outras comunicacións:
- Orientacións provisionais o 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020.
- Comunicado do 13 de abril de 2020, dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre
ACTIVIDADES E TAREFAS PARA O ALUMNADO.
Facendo clic nos diferentes enlaces teredes acceso á información sobre a organización das actividades programadas polas mestras/es para o alumnado.
- EDUCACIÓN INFANTIL
- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA
- 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA
- 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
- 5º EDUCACIÓN PRIMARIA
- 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
- CIENCIAS NATURAIS E CIENCIAS SOCIAIS 5º E 6º EP
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA, AUDICIÓN E LINGUAXE E PROGRAMA REFORZA-T
- GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PARA AS SAÍDAS INFANTIS VÍDEO SOBRE AS SAÍDAS CON MENORES
- ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO:
- #EN SADA Y SUS CONTORNOS LEMOS NA CASA Este é o vídeo elaborado con todas as fotografías aportadas. Grazas a todos/as por participar.
O centro propuso a todo o alumnado a actividade Sada y sus Contornos envíache para facer chegar debuxos e cartas ás persoas que están no hospital recuperándose da enfermidade e ao persoal sanitario para darlles ánimo e trasmitirlles o seu apoio. Podedes seguir enviándoos a compartindoilusion@sadaycontornos.es
O persoal Sanitario de H.U.A.C. remitiunos este vídeo para compartir con toda a comunidade educativa. Moitas grazas por coidar de todos nós, polo voso traballo e esforzo. Moito ánimo!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »
