25 de novembro: Darlle a volta está nas nosas mans

Na celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero partimos dos famosos polbos reversibles para amosar ao alumnado as dúas facetas que pode ter, facendo fincapé na positiva. Elaboramos un gran mural para dar visibilidade a todas as boas accións que podemos realizar coas nosas mans.

Partindo da actividade de ILLA FANTASÍA: Obradoiro de amor “8 Maneiras de AMAR coas túas mans” , cada neno/a fixo coa súa man un polbo ao que engadiu 3 patas máis. Sobre cada unha delas escribimos unha forma de facer o ben coas mans: curar, crear, perdoar, agarimar, axudar… cunha etiqueta de rexeitamento da Violencia de Xénero. Darlle a volta está nas nosas mans.

Clica na imaxe para ver as fotos.

 

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Publicouse a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

      1. Non ten que presentar solicitude

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

    2. Ten que presentar solicitude

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros. 

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente  onde estea matriculado o alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Este formulario de solicitude (anexo I) tamén está dispoñible:

a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

Presentación de solicitudes: En horario de 09:55 a 10:35 (é preciso solicitar cita previa).

O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, e dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 entre o número de membros computables.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Orde da convocatoria.

Documentación a presentar.

Anexo I e II.

Subvención do Concello de Sada

O Concello de Sada subvenciona con 3.000 € os gastos de transporte das saídas escolares, de reprografía e de adquisición de material diverso.

Convenio de colaboración entre o Concello  de Sada e o CEIP Sada y sus Contornos, para financiar saídas escolares, reprografía e material de oficina e escolar diverso segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2021.

Durante o ano 2021, os gastos de transporte ocasionados polas saídas escolares realizadas así como a reprografía e adquisición de diverso material escolar e de oficina, foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000 €.

O que se informa para o xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 2 representantes  das nais e pais (un deles corresponde propoñelo á Asociación de nais e pais) e 3 do profesorado no Consello Escolar do centro.

A Xunta Electoral, reunida o 4 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:

DO 5 AO 12 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)

-Exposición dos censos electorais de nais e pais e do profesorado. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na sala de profesores respectivamente.

Impreso para presentar relamacións ao censo.

-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 12 ás 14:00 horas.

Impreso para presentación de candidatura.

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.

15 DE NOVEMBRO

Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a:

-Admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas e sobres.

-Publicación de candidaturas.

-Publicación definitiva do censo electoral.

-Sorteo público, na entrada do centro para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais.

23 DE NOVEMBRO

Votacións. 

Samaín, Magosto e Halloween

Hoxe tivemos unha xornada festiva coa celebración do Samaín, Magosto e Halloween. Realizamos diferentes actividades: desfile de disfraces, exposición de cabazas, magosto, photocall...

Clica na imaxe para ver algunhas das fotos deste día. 

  Vídeo do desfile

Photocall

COMEDOR ESCOLAR 2021 2022: INFORMACIÓNS SOBRE O COMEDOR E MADRUGADORES

Toda a información referida ao comedor escolar e o servizo de madrugadores no curso 2021 2022 estará dispoñible na páxina web do Concello no seguinte enlace:  

https://www.sada.gal/inscricion-comedores-escolares

As comunicacións para o desconto do día non hai que facelas ao centro, O Concello informará aos usuarios do servizo do procedemento a seguir.

As familias si teñen que comunicar ao titor/a (a través do correo proporcionado por este/a) do neno/a  que este/a non acudirá ao comedor para que o mestre/a da última hora sitúe ao neno/a na fila de saída co resto de compañeiros/as.

COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2021 2022

A empresa responsable do servizo de comedor comunicou que este comezará o xoves 9 de setembro e o de madrugadores o venres 10.

 

INICIO DO CURSO 2021 2022

As clases inicianse o xoves 9 de setembro. 

Organización nas entradas (aplicable durante todo o curso):

  • 6º, 4º e 2º de Educación Primaria: 08:50 horas.
  • 5º, 3º e 1º de Educación Primaria: 09:00 horas.
  • Educación Infantil: 09:10 horas.

Distribución horaria das saídas do alumnado (aplicable durante todo o curso):

  • Educación Infantil: 13:30 horas.
  • 2º Educación Primaria: 13:40 horas.
  • 1º Educación Primaria: 13:45 horas.
  • 3º e 5º de Educación Primaria: 13:50 horas.
  • 4º e 6º de Educación Primaria: 14:00 horas.

Nos seguintes enlaces dispoñen dun resumo das cuestións máis relevantes a ter en conta neste inicio de curso:

Educación Infantil   

1º Educación Primaria         2º Educación Primaria        3º Educación Primaria   

4º Educación Primaria         5º Educación Primaria        6º Educación Primaria

Ese mesmo día, o xoves 9 de setembro, tamén está previsto que empece a funcionar o servizo de comedor escolar e madrugadores. Horarios de recollida do alumnado:

  • Educación infantil: 15:00 horas.
  • Educación Primaria: 15:15 horas.

O luns,  6 de setembro, están convocadas as seguintes reunións:

  • Ás 11:30 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos). Lembrar traer cuberto o álbum do verán.
  • Ás 17:00 horas coas familias do alumnado de 2º de Educación Primaria.

Horario de secretaría:

  • Ata o comezo das clases: De luns a venres de 9 a 10:00 horas (previa cita).
  • A partir do 9 de setembro: De 09:55 a 10:35 horas (previa cita).

Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2021 2022. No blogue do departamento de orientación dispoñen de toda a información.

COMEDOR ESCOLAR 2021 2022: RESOLUCIÓN PROVISIONAL

O Concello de Sada publicou no día de hoxe na súa páxina web https://www.sada.gal/inscricion-comedores-escolares a seguinte información relacionada co comedor escolar e o servizo de madrugadores para o curso 2021 2022:

Para achegar a documentación, soliciten a través do teléfono do Concello (981620075- ext.200) ou ben a través do correo electrónico: citaprevia@sada.gal, cita para rexistro para anexar a documentación que se require á solicitude feita previamente. O prazo remata o día 03 de setembro de 2021. Calquera dúbida ou aclaración poden consultala a través do correo: sadaeduca@gmail.com

COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021 2022

Comeza o período de inscrición no servizo de comedor do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2021-2022, no que se ofertan 50 prazas para todas aquelas familias que se queiran ver beneficiadas polo mesmo. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada.

Este ano tamén ofértase o servizo de madrugadores, que en función da demanda e das posibilidades organizativas do centro levarase a cabo.

O prazo de entrega de solicitudes e da documentación requerida comeza o luns 05 de xullo do 2021 e remata o venres 23 de xullo de 2021. A documentación entregarase no rexistro de entrada do concello,  mediante cita previa (Teléfono 981620075), sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica https://sede.sada.gal.

No caso de que existise maior demanda que prazas ofertadas, unha vez publicada a listaxe provisional de admitidos abrirase un prazo de reclamación de cinco días naturais. Transcorridos os mesmos e valoradas as alegacións publicarase a listaxe definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2021/22.

Prezo máximo do menú comedor alumno x día = 3,50 €. 

O prezo do servizo de comedor pode ser susceptible das distintas bonificacións ás que se poda optar por parte da unidade familiar. 

Prezo do servizo de madrugadores

  • Sen almorzo alumno x día = 1,40 (modalidade usuario esporádico 2€).
  • Con almorzo alumno x día = 2,35 (modalidade usuario esporádico 3€).

O prezo do servizo de madrugadores non conta con bonificacións.

Enlace á páxina web do Concello de Sada coa información

Circular informativa do Concello de Sada

Ficha inscrición comedor

Distribuir contido