Nadal no CEIP Sada y sus Contornos
Enviado por admin o Mar, 22/12/2020 - 13:18Hoxe despedimos o primeiro trimestre cunha xornada de festa. Realizamos distintas actividades nas aulas, unha deliciosa chocolatada e finalmente compartimos unhas badaladas cun programa do Tarabelo nas Ondas.
Nestes días fixemos unha recollida solidaria de alimentos na que, unha vez máis, toda a comunidade educativa contribuíu activamente. Cáritas e Cruz Vermella (organizacións beneficiarias da mesma) trasladaron o seu agradecemento a todas as persoas que participaron nesta iniciativa.
No remate deste ano tan especial, o claustro de mestres/as, o persoal, a dirección do centro e a Asociación de Nais e Pais As Mariñas, queren transmitir a todas as familias o desexo dunhas felices festas e Aninovo 2021.
PARA ESCOITAR AS BADALADAS NO TARABELO NAS ONDAS CLICA AQUÍ
Clica na imaxe para ver as fotos
Subvención do Concello de Sada
Enviado por admin o Lun, 14/12/2020 - 17:16O Concello de Sada subvenciona con 3.000 € os gastos de transporte das saídas escolares, de reprografía e de adquisición de material diverso.
Convenio de colaboración entre o Concello de Sada e o CEIP Sada y sus Contornos, para financiar saídas escolares, reprografía e material de oficina e escolar diverso segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2020.
Durante o ano 2020, os gastos de transporte ocasionados polas saídas escolares realizadas así como a reprografía e adquisición de diverso material escolar e de oficina, foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000 €.
O que se informa para o xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.
3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Enviado por admin o Xov, 03/12/2020 - 12:54O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no centro realizamos diferentes actividades co obxectivo de informar e concienciar sobre a realidade e necesidades das persoas con discapacidade, así como destacar os beneficios que derivan da súa integración en todos os ámbitos da sociedade. A diversidade é a nosa riqueza!
Clica nas imaxes para ver os carteis do mural realizado e escoitar un programa especial do Tarabelo nas Ondas.
REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO. LISTAXES DEFINITIVAS
Enviado por admin o Xov, 03/12/2020 - 11:40Mañá, venres 4 de decembro, publicaranse no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as para o reparto de máscaras entre o alumnado.
Todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar está admitido.
Unha vez publicados os beneficiarios/as, o centro procedeu á adquisición das máscaras. Cando estas cheguen ao centro, comunicarase o procedemento para o reparto das mesmas.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO: LISTAXES PROVISIONAIS
Enviado por admin o Sáb, 28/11/2020 - 16:41Rematado o prazo de presentación de solicitudes para ser beneficiario/a do reparto de máscaras entre o alumnado, publicáronse no día de hoxe, 30 de novembro, as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos. Cumprindo co recollido no artigo 11 da ORDE de 6 de novembro de 2020 que regula o procedemento, estas listaxes só estarán dispoñibles no taboleiro interior do centro.
Todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar está admitido directamente.
25 de novembro: Respecta o meu espazo.
Enviado por admin o Mér, 25/11/2020 - 20:26Baixo o lema "Respecta o meu espazo" celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero con diversas actividades nas aulas: lecturas de contos, composicións artísticas, visionado de curtametraxes, un programa especial do “Tarabelo nas Ondas” dedicado a esta conmemoración...
Escoita O Tarabelo nas Ondas aquí.
Clica na imaxe para ver algunhas das fotos das actividades realizadas.
Vídeo da clase de 3º de EP
CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Enviado por admin o Ven, 13/11/2020 - 15:40No DOG de hoxe, 13 de novembro de 2020, publicouse a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
1. Non ten que presentar solicitude
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
2. Ten que presentar solicitude
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Este formulario e solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No centro docente.
b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
Presentación de solicitudes: Con cita previa en horario de 09:55 a 10:35.
O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.
Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2018 entre o número de membros computables
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA
Enviado por admin o Lun, 02/11/2020 - 16:14Convocatoria de axudas económicas ás familias para atender aos gastos do comezo do curso escolar da Concellería de Educación do Concello de Sada.
Enlace á web municipal onde se atopa a información da convocatoria
Actualización do prazo para a presentación de solicitudes. (11 de novembro 2020).
Magosto, Samaín e Halloween
Enviado por admin o Ven, 30/10/2020 - 09:49Unha celebración do Magosto, Samaín e Halloween diferente pero na que non faltaron as cabazas, os disfraces terroríficos e as castañas.
Aquí tedes os enlaces aos vídeos das lecturas e das cabazas que realizaron os nenos/as de cada aula.
- Cabazas 4º Educación Infantil
- Cabazas 5º Educación Infantil
- Cabazas 6º Educación Infantil
- Lectura Educación Infantil
- 1º Educación Primaria
- 2º Educación Primaria
- 3º Educación Primaria
- 4º Educación Primaria
- 5º Educación Primaria lectura
- 6º A Educación Primaria lectura
- 6º B Educación Primaria lectura
- Cabazas 5º e 6º Educación Primaria
O xogo do Samaín, xogo en Genially para realizar nas aulas.
Clica nas imaxes para ver as fotos
PROXECTO EDIXGAL: INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
Enviado por admin o Mér, 23/09/2020 - 10:43Este ano o centro comeza a súa participación no Proxecto Edixgal. A aula de 5º de EP será a primeira en ter as ventaxas que este proxecto proporciona. A aula dispón dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a profesor/a e dun ordenador por alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo. Facendo clic nas imaxes podedes acceder a información referida ao proxecto Edixgal.
Espazo dedicado ao proxecto Folleto informativo
O alumnado pode levar o portátil para a súa casa, cubrindo un formulario de asunción de responsabilidade que debe entregarse debidamente cumprimentado e asinado no centro educativo. Existe a posibilidade de contratar un seguro opcional para o portátil (independente do centro).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »
