Magosto, Samaín e Halloween

Unha celebración do Magosto, Samaín e Halloween diferente pero na que non faltaron as cabazas, os disfraces terroríficos e as castañas.

Aquí tedes os enlaces aos vídeos das lecturas e das cabazas que realizaron os nenos/as de cada aula.

 O xogo do Samaín, xogo en Genially para realizar nas aulas.

Clica nas imaxes para ver as fotos

 

PROXECTO EDIXGAL: INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Este ano o centro comeza a súa participación no Proxecto Edixgal. A aula de 5º de EP será a primeira en ter as ventaxas que este proxecto proporciona. A aula dispón dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a profesor/a e dun ordenador por alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo. Facendo clic nas imaxes podedes acceder a información referida ao proxecto Edixgal.

                             Espazo dedicado ao proxecto                                                         Folleto informativo 

        

 

O alumnado pode levar o portátil para a súa casa, cubrindo un formulario de asunción de responsabilidade que debe entregarse debidamente cumprimentado e asinado no centro educativo. Existe a posibilidade de contratar un seguro opcional para o portátil (independente do centro).

DOCUMENTACIÓN COVID 19 PARA O CURSO 2020 2021

Compártense con toda a Comunidade Educativa os diferentes documentos elaborados para este comezo de curso relacionados coa COVID 19:

  1. Plan de Adaptación á situación da COVID 19 para o curso 2020 2021.
  2. Plan de Continxencia.
  3. Programa de Acollida.

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2020-2021

O alumnado con necesidades educativas especiais  derivadas de discapacidade  ou trastorno grave de conduta e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais poderán ser beneficiarios de dita axuda.

Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección http://www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 30 de setembro.  

Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.

INICIO DE CURSO: ORGANIZACIÓN XERAL DO CENTRO

Nesta presentación tedes as principais actuacións e modificacións realizadas polo centro para o inicio do curso 2020 2021, derivadas do recollido no Protocolo publicado pola Consellería de Educación e Sanidade.

 O servizo de comedor tamén comezará mañá, os horarios de recollida do alumnado son os seguintes:

  • 15:00 a 15:10 Educación Infantil. Un acompañante pode acceder ao centro a recoller ao neno/a.
  • 15:15 a 15:25 Educación Primaria. As familias non poden entrar ao recinto escolar, as coidadoras serán as encargadas de levar aos nenos/as ata a porta. Todo o alumnado sairá pola porta principal.

 

INICIO DE CURSO: REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Coa finalidade de informar as familias dos cambios organizativos e todas as novidades que terá este inicio de curso, convócase ás familias dos diferentes cursos ás reunións que terán lugar no Auditorio da Casa da Cultura:

  • Luns 7 de setembro:
    • 16:00.  1º e 6º de Educación Primaria.
    • 18:30.  5º e 6º de Educación Infantil.
  • Martes 8 de setembro:
    • 16:00   3º e 4º de Educación Primaria.
    • 18:30   2º e 5º de Educación Primaria.

Entre as reunións realizadas o mesmo día, procederase á desinfección e ventilación do auditorio.

Normas de asistencia:

  1. Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.
  2. Obrigatorio o uso de máscara.
  3. Aseo de mans con xel antes de entrar.
  4. Ata que se comunique, as familias esperarán no exterior da Casa da Cultura.
  5. Respectarase a distancia de seguridade entre as persoas, evitando as aglomeracións.
  6. O acceso será supervisado por persoal do centro.
  7. Cada persoa ocupará o lugar indicado.
  8. Ao remate da reunión, abandonar o recinto mantendo a distancia de seguridade e sen deterse.

Inicio de curso:

A Consellería de Educación estableció o seguinte calendario escalonado para o comezo deste curso:

  • Xoves 10 de setembro: 4º e 5º de Educación Infantil. 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • Venres 11 de setembro: 6º de Educación Infantil. 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 2021: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E CONFIRMACIÓN DE PRAZA

O Concello de Sada publicou a relación de solicitudes admitidas ás que se lles adxudica praza no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2020/2021. 

As persoas admitidas terán que confirmar a praza concedida ou perderán o dereito á mesma. A solicitude confirmando a praza poderá facerse de dous xeitos, ben a través da sede electrónica ou ben entregando o impreso (dispoñible na web do Concello no enlace anterior)  en rexistro, sen necesidade de solicitar cita previa. O prazo de confirmación remata o venres 28 de agosto.

Tamén publicou as solicitudes en listaxe de agarda.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 2021: LISTAXE DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS

O Concello de Sada informou da publicación na súa páxina web das listaxes de solicitudes de persoas admitidas e non admitidas no comedor escolar,  tendo estas últimas de prazo ata o venres 14 de agosto para entregar a documentación que lles falta e que se indica na listaxe. No caso contrario, non serán admitidos no comedor.

Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono do Concello de Sada 981 620 075.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS 2020-2021. FORMULARIO PARA SOLICITUDE BANCO DE LIBROS DA ANPA

Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2020-2021.

Cumprindo co artigo 13 bis da Orde do 12 de maio de 2020as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

A listaxe definitiva de admitidos/as mostra a relación de libros asignados por áreas.

BANCO DE LIBROS DA ANPA

Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º, 4º e 6º de Primaria, a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCICIÓN DE NAIS E PAIS.

*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega.

O alumnado de 5º de Primaria ao participar no proxecto E-Dixgal non empregará libros impresos.

Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.

LISTADO DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2020-2021

Están dispoñibles desde hoxe, día 3 de xullo, as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2020-2021.

Cumprindo co artigo 13 bis da Orde do 12 de maio de 2020, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través  da apliación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

Prazo de reclamación ás listaxes provisionais:  2 días seguintes á publicación.

IMPORTANTE: Na Resolución provisional adxudícanse os libros existentes no centro, recollidos aos alumnos que recibiron axudas en cursos anteriores.

Aos alumnos e alumnas que aparecen sen libros, ou que non reciben o total que lles corresponden, procederase a adxudicarlles libros na Resolución definitiva. O número de exemplares que se adxudicarán dependerá da renda familiar.

Cando se publique a resolución definitiva, probablemente a finais da vindeira semana, tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.

 

 

Distribuir contido