Charla alimentación saudable

Hoxe a nosa Comunidade Educativa tivo a sorte de contar coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro. Da man de Rosa, tivo lugar unha charla informativa telemática para reflexionar sobre a importancia de educar nunha alimentación saudable para os nosos rapaces e rapazas e favorecer así o seu axeitado desenvolvemento persoal. 

 

Aumentar o consumo de froita, verduras, lácteos e reducir alimentos ultraprocesados no día a día, xunto coa práctica de exercicio son o camiño para fomentar hábitos saudables. E se facemos partícipes aos pequenos na elaboración dos propios almorzos, temos o éxito asegurado.