Programa Snack Lab
Enviado por admin o Xov, 10/02/2022 - 11:58
O noso centro participa no programa promovido pola Asociación Española Contra o Cancro "Snack Lab". O obxectivo é fomentar o consumo de snacks saudables entre o alumnado da nosa escola.
Onte contamos cunha responsable do programa que explicou ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria a importancia dunha alimentación saudable e de como podemos conseguila.
O vindeiro luns 14 de febreiro ás 16:00 terá lugar unha sesión formativa telemática dirixida ás familias do noso centro para explicar dito programa. O enlace remitirase ao correo electrónico do alumnado e a través de AbalarMóbil ese mesmo día.