PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

 

Destinado ao alumnado que vai cursar 4º de Educación Infantil ou para alumnado que cambia de centro.

 

 

atención  CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN? 

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ao 20 de marzo (ambos incluídos).

 

atención  COMO PODO REALIZAR DITO PROCESO?

 

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación ou ben entregando cuberto o Anexo II (ED550B) no centro. 

 

flecha correcta  Na seguinte ligazón poderás consultar o calendario de admisión.

flecha correcta  Podes consultar as vacantes ofertadas para o curso 2024-2025 pulsando aquí.

flecha correcta  A documentación que debes achegar coa solicitude é a nomeada aquí

 

 

NOTA: Todos os impresos citados anteriormente están a disposición de forma impresa no centro, podedes recollelos en horario de 10 a 16.30 horas. 

 

NORMATIVA RELACIONADA CO PROCESO

-DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro.

-ORDE do 21 de outubro de 2022.

-Resolución do 27 de febreiro de 2024.

 

Ante calquera dúbida:

llamada  982870095 

correo abierto  ceip.rosalia.boveda@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

PARTICIPACIÓN NO ECOPREGUNTOIRO DE RADIO VOZ

Os catro participantes de 6º de primaria que saíron elixidos entre os seus compañeiros de curso están a participar no programa titulado Ecopreguntoiro da emisora Radio Voz no que participa SOGAMA. Un concurso escolar que se vén celebrando dende hai varios cursos na nosa comunidade.

 Se clicades na imaxe accederes á web da emisora. Imaxe recuperada das RRSS de Radio Voz

A finalidade desta iniciativa é fomentar actitudes de respecto e sensibilización hacia á educación ambiental. Nela participan 16 centros, que se van enfrentando uns contra outros de maneira virtual e en directo, de modo eliminatorio no denominado Ecopreguntoiro.

 

Temos a sorte de aunciarvos que superamos a primeira fase deste certame!! Gañamos pola diferenza de cinco puntos ao noso contrincante, un CEIP da provincia de Pontevedra, aproveitando os rebotes. Puxéronnolo complicado, pero as nosas gañas e toda a ilusión que temos levounos a preparanos moitísimo para esta primeira rolda. Estábamos nerviosísimos!!

 

Todas as preguntas amóldanse ao temario impartido neste curso, de ahí que soamente poidan participar catro alumnxs de 6º.

 

En principio, o día 5 de abril emítese en Radio Voz a nosa participación. Xa vos avisaremos por se hai novas. Agora xa estamos preparándonos para a seguinte quenda!

Ademais, de todo isto, este curso Radio Voz introduce unha nova modalidade participación: o Ecosaúdo, no que os alumnos dan a coñecer un pouco mellor cada colexio participante. Ahí vos deixamos o noso, esperamos que vos guste.

 

 

Moitas grazas Aurora, Luisa, Daniela e David polo voso esforzo e traballo!

Tamén, queremos agradecer a labor da mestra da Ciencias da Natureza, Iria, e do mestre de Ciencias Sociais, Adrián, que están a traballar con moita ilusión nesta actividade.

 

NORABOA COMPAÑEIRXS!!! ESTAMOS CON VÓS!!!

 

OBRADOIRO DE TRAMPAS PARA VELUTINAS

Este xoves acudimos ao Centro Sociocultural do noso Concello para realizar un obradoiro de trampas para as avespas asiáticas, comunmente coñecidas como "velutinas".

 

 

Para realizar esta actividade acompañáronnos Paula, xerente de Mieles Anta e Mohamed, apicultor experimentado da empresa.

Eles, explicáronnos todo o relacionado con este apaixoante mundo. Comezaron, falándonos das características das abellas e da problemática cas velutinas.

 

 

A continuación, visualizamos un vídeo sobre o proceso de fabricación do mel e sobre a ameaza que supoñen as avespas velutinas na natureza.

 

Despois, Mohamed estivo a esinarnos o traxe de apicultor e todos os instrumentos necesarios para o seu traballo.

 

 

Ensináronnos tamén, como recollen o polen das patiñas das abellas e algunha velutina.


 

 

Ata probamos mel directamente do panal! Estaba deliciosa!


 

Por último, puxémonos mans a obra para realizar as nosas propias trampas de velutinas e poder capturar moitas nesta tempada. Empregamos o seguinte material:

-1 botella de plástico

- Cordón

- Algún instrumento para facer dous buratiños na botella

 

Para finalizar, vertemos dentro da botella a mestura do líquido atraente das velutinas. Deixámosvos por aquí a receita por se queredes facer máis:

- 100 ml de agua

- 50 gr de azucre

- 1 sobre de atraente específico


 

 

Cada alumx levou para a súa casiña a trampa que elaboraron. Ademais, a empresa Mieles Anta deunos diferentes trampas para poñer nas árbores da nosa zona verde e así, intentar estar libres de velutinas.

 

Mieles Anta tamén obsequiou a todo o alumnado e profesorado do cole cun detalliño moi especial.

 

Se clicades sobre a imaxe poderedes acceder á noticia publicada no xornal La Voz de Galicia sobre dita actividade.

 

 Moitas grazas a Mieles Anta, pola súa labor, e ao Concello e as familias por idear e organizar esta actividade!

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024

O xoves día 7 de marzo a partir das 11.00 horas estás convidadx a acercarte ao noso cole e pasar un ratiño con nós. Anímate e ven a coñecernos!

 

 

 

E, por que debes elixir o noso centro? A continuación ofrecémoste numerosos motivos para elixirnos...

Swipe Up Sticker for iOS & Android | GIPHY | Science stickers, Animated  emoticons, Photo collage template

 

PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: O PROTAGONISTA DA SEMANA

  Este curso escolar, a aula de Infantil está levando a cabo o proxecto "Protagonista da semana" que permite abordar os obxectivos e contidos

da educación infantil dunha maneira atractiva, dinámica e interesante. Ademais de incidir na formación dunha autoestima positiva, axústase

de maneira especial ás características individuais de cada nenx e facilita a implicación familiar.

Durante unha semana, todas as actividades realizadas na aula xiran ao redor do alumno ou alumna que lle corresponda ser protagonista e

realizamos un libro con documentos e imaxes delas: fáiselle unha pequena entrevista, amosa e explica fotos da súa vida, debuxámolx,

medímolx, pesámolx, contamos cousas sobre el/ela, etc;  e recibimos na aula á súa familia.

Cada familia organiza a visita do xeito que prefira traendo á aula unha actividade preparada dende a casa.

Deixamos aquí algunhas imaxes das actividades realizadas ata o momento.

Moitas grazas familias pola vosa participación e implicación!

Sodes xeniais!!

 

Sesión de cancións e xogos coa familia de Valentina:

 

 

 

Sesión de maquillaxe coa familia de Miley

 

Coñecemos a "Limón" a chinchilla de Xila.

 

Contos coa familia de Theo.

 

Xogos de mesa coa familia de Dylan.

 

Obradoiro de arxila, contos e música coa familia de Maia.

 

 

 

E, neste curso, aínda quedan moitas semanas de protagonistas por diante cheas de sorpresas e ideas marabillosas que poñer en práctica.

Grazas as familias por axudarnos a crear unha comunidade educativa aberta e participativa!!

Galego Sticker by AiFalaches

APRENDEMOS A RELAXARNOS E A ACTIVAR OS SENTIDOS EN INFANTIL.

Continuamos coas sesións de Ioga na aula de Infantil.

Nesta ocasión, e como o mal tempo non nos permitía saír fóra, realizamos unha sesión de relaxación con pouca luz, música suave e incienso.

Experimentamos diferentes sensacións táctiles con bolas de xel e discos de masaxe.

Para rematar, escoitando música clásica, representamos libremente as sensacións experimentadas nun mural colectivo que pintamos no chan.

Pasámolo xenial aínda que a nosa roupa tamén quedou decorada coas pinturas (je,je).

CULTIVO DE LUFAS NO NOSO HORTO

Antes de que rematase o outono procedimos a recolectar as lufas do noso horto escolar para poñelas a secar.


 

A lufa é unha planta da familia das cucurbitáceas á que tamén pertencen froitos moito máis coñecidos como a cabaza, a cabaciña, o cogombro ou o pepinillo. Orixinalmente, trátase dunha planta de procedencia tropical aínda que hoxe en día xa se cultiva en España con moi bo rendemento.

 

Comezamos esta tarefa, realizando unha investigación sobre este vexetal. Empregamos as sesións de Proxecto Competencial en 3º e 4º de primaria para recompilar información e, mediante a aplicación de edición gratuíta Canvaelaborar un pequeno libro sobre o cultivo e uso das lufas para a nosa biblioteca. Deste modo, tamén melloramos as nosas competencias dixital e de aprender a aprender.

 

Deixamos as lufas a secar durante varios meses e, o pasado xoves acudimos a ver como seguían e se xa estaban listas para recoller a semente e aproveitar a pulpa para facer esponxas naturais.

Neste caso, foi o alumnado de 1º e 2º o encargado de levar a cabo dita tarefa.

 

A recolecta de semente foi moi doada de realizar, abrimos un pouquiño a lufa por debaixo e comezaron a caer todas as sementes. Mirade!

 

A continuación, gardámolas nun bote para sementalas cando chegue o bo tempo.

 

A continuación, estivemos a ver un vídeo no que se explicaba o proceso de cultivo e a época idónea do ano para o sementado. Tamén, estamos a traballar cos contos que vedes a continuación para aprender moito máis sobre o noso horto.

  

 

Nas pŕoximas semanas traballaremos cas lufas para conseguir as esponxas.

 

 

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS EN 1º E 2º

A mellor maneira de adquirir unha aprendizaxe integral é basar a práctica diaria das nosas aulas nunha aprendizaxe vivencial e significativa, é dicir, poñendo en práctica os contidos aprendidos. E así o facemos na materia de Matemáticas!

LAS MATEMÁTICAS SON UN JUEGO

 

O alumnado de 1º e 2º de primaria estivemos aprendendo as unidades de medida e os números de ata tres cifras.

  

 

Para traballar as unidades de medida acudimos á cociña do cole e, Silvia a cociñeira, deixounos pesar diferentes alimentos na súa báscula dixital e tamén, nos prestou un vaso medidor para os líquidos.

  

 

 

E, para practicar e consolidar a descomposición de números de ata 3 cifras empregamos as regretas. Escribimos un número do 400 ao 599 no encerado da aula e, logo entre todxs, tiñamos que descompoñelo empregando este material manipulativo.

  

 

Pasámolo moi ben mentres aprendimos moitas cousas!

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

Copia - ROSALIA DE CASTRO

Ilustración de @lilabi

 

Cando penso que te fuches
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.

                                                                         Negra Sombra, Rosalía de Castro (1837-1885)

 

Se clicades na ilustración da escritora accederedes á web da súa fundación, na que atoparás moita información sobre ela e a súa obra. Ata poderedes realizar unha visita virtual a súa casa! 

O 23 de febreiro conmemórase o nacemento da escritora, poeta e referente da cultura galega e, debido a súa relevancia na historia de Galicia e a vinculación directa co noso cole, levamos a cabo diferentes actividades para celebrar este día tan especial e poñer en valor a importancia da súa figura e da súa loita a prol da nosa lingua. 

Durante os días previos, estivemos a traballar a súa vida e a súa obra a través de vídeos, cancións e xogos...

Empregamos o seguinte vídeo de Os Bolechas para coñecer unha das súas obras máis importantes: Cantares Gallegos.

 

Practicamos todo o aprendido nun xogo interactivo realizado na aplicación Genially.

     

 

Ademais, dende a materia de Música aprendimos a canción de Migallas basada no poema de Rosalía titulado "Eu ben vin estar o moucho". Mirade que ben nos saíu!! Esperamos que vos guste.

 

 RUMBA

O alumnado de 5º e 6º contoulles aos seus compañeirxs na hora de ler do venres o conto Rosalía de Castro de Alba De Evan e Xabier Domínguez, con ilustracións de Bea Gregores da Editorial Edicións Cumio. Unha obra que resume a vida da poetisa a través de biopoemas, é dicir, unha vida feita poemas. 

ROSALÍA DE CASTRO (MIUDIÑOS) | ALBA DE EVAN | Casa del Libro

 

 

Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º de primaria decorou o "taboleiro das conmemoración" cun mural representativo da obra desta autor galega, con fotografías dos seus libros e, con versos dos seus poemas.

 

Por último, dende a materia de Art elaboramos, entre o alumnado de Infantil e Primaria, un cadro de estilo Pop Art, tomando como referencia os do famoso Andy Warhol, artista cun papel fundamental no nacemento e desenvolvemento deste movemento artístico. 

 

     

   

 

Os mestrxs preparámoslle unha sorpresiña ao noso alumnado. Decoramos os chanzos das nosas escaleiras de entrada con 16 versos do poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro. Mirade que bonitas quedaron.

 

 

 

 Grazas polas túas verbas, pola túa loita e polo teu legado infinito Rosalía!

 

 

Distribuir contido