Skip to Content

Prom. 2019

ENTROIDO CULINARIO NAS AULAS DE 3 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Entroido 3 anos

O Entroido en Galicia non consiste só en disfrazarse (que tamén!) senón en gozar dos alimentos desta época do ano. Nas clases de 3 anos non podiamos traer unha laconada, claro, pero conformámonos (que non é calquera cousa!) con tomar unhas orellas e unhas rosquillas. Ah, e os tradicionais churros con chocolate típicos do Entroido do Raquel Camacho.

Coidámonos mal nós!Risa

ANIVERSARIO DE FEBREIRO

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Aniversarios febreiro 3 anos

No mes do Entroido, un cativo da nosa clase cumpría 4 primaveras (máis ben 4 invernos; xa terá tempo de chegar as primaveras).

Parabéns!!!

O DÍA DOS LIBROS NA CLASE

Xa sabes que todos os luns celebramos o Día dos Libros. Que en que consiste? Pois moi sinxelo:

  1. o alumnado pode traer un libro da casa,
  2. despois do recreo xuntamos todos eses libros,
  3. o dono/a do libro explícanos de que vai (hai que vender o produto!),
  4. repártese unha ficha a cada cativo/a (a papeleta),
  5. votamos,
  6. un secretario conta os votos de cada libro
  7. e o gañador ten o premio de ser lido polo profe.

Un exemplo de actividade globalizada: traballamos o amor pola literatura e polas letras, a expresión oral (hai que defender o libro propio) e as mates.

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Aniversarios de xaneiro 4º B

Lembras que en decembro che dixemos que, durante uns días, todo o alumnado tería 3 anos e que esa harmonía se ía romper en xaneiro? Pois xaneiro xa está rematando e xa temos algúns nenos na clase que suman 4 castañas.

Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut