Skip to Content

Prom. 2019

FACEMOS ZUME DE LARANXA

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Laranxada de Outono

Hoxe na aula de 5ºB de infantil fixemos zume de laranxa e unha degustación desta froita tan rica.

Por equipos esprimimos moitas laranxas e isto serviunos para traballar e mellorar a motricidade das nosas manciñas.

Aínda temos laranxas para uns días. Grazas familias pola vosa colaboración.

Encantounos!!

 

ANIVERSARIOS DO VERÁN

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Aniversarios verán 3 anos

Achegábase o remate das clases e tamén o aniversario dalgunhas nenas que cumpren no verán. Xentiña que naceu coa calor, precisamente cando non hai cole e non poden festexar o cumpre cos seus compañeiros e compañeiras. Pero iso ten solución e esta semana dedicamos un día celebralos.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Á PRAIA

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Saída á praia de San Amaro

Pois non, a chuvia non nos permitiu ir á praia de Sabón o luns pasado. Así que buscamos unha alternativa. Non iamos quedar sen a anual visita á praia. Escollemos unha urbana: a de San Amaro en Durmideiras.

Así que o martes embarcamos no bus rumbo a o areal coruñés. O primeiro que fixemos foi merendar para coller enerxías e despois fomos coma galo ao millo para a area. E que cres que fan os nenos e nenas na area? Si, acertaches: pasalo pipa!

Mira as fotos se non nos cres.

ANIVERSARIO DE MAIO EN 3 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Aniversario maio 3 anos

Maio, mes das Letras Galegas. Pero non só se celebran as letras senón tamén os números. Neste caso, o número 4, que son os anos que cumpre unha compañeira este mes.

Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut