Skip to Content

Prom. 2019

A HORTA DE SIMÓN NA BIBLIO

Había que celebrar o Día do Libro como se merecía e, por iso, o venres pasado viaxamos (para nós, os máis pequenos, é case viaxar) ata a biblio do cole. 

Alí os máis maiores da nosa escola interpretáronnos brillantemente un libro que coñecemos ben: A horta de Simón de Rocío Alejandro.

ANIVERSARIO DE MARZO EN 3 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Aniversario marzo 3 anos

Marzo é o mes no que chega a primavera e tamén no que algún compa vai cumprindo 4 primaveras.

Parabéns!

VISITAMOS A HERCULINO NA NOSA BIBLIO

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Visitamos a Herculino en marzo 3 anos

Ti sabías que na biblioteca do noso cole vive un amigo moi especial que se chama Heculino? Non? Pois agora xa o sabes. E tamén sabes que nos gusta moito facerlle visitas de vez en cando. 

Xa tivemos que devolver os libros que nos deixara outro gran amigo, Ole, e agora necesitabamos máis para encher a biblio da nosa clase de historias marabillosas. Por iso, decidimos ir canda Herculino porque sabiamos que el diso ten abondo na súa casa.

Todo o alumnado escolleu cadanseu libro, metémolo nunha bolsa e trouxémolos moi devagariño para a nosa clase.

Grazas, amigo Herculino!

VISITA Á BIBLIOTECA DO ÁGORA

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Visita ao Ágora 3 anos

Recibimos un vídeo dun paxaro chamado Ole convidándonos a ir á súa casa. Contabanos que el vivía na biblioteca do centro Ágora e dicíanos que, aínda que estaba moi a gusto coas bibliotecarias, ás veces sentíase un chisco só e quería que o visitásemos. E nós fixémoslle caso. Estabamos disfrazados do que nos mandara o Meco ese día e con esas pintas fomos camiñando amodiño cara a casa do noso amigo.

Alí puidémolo tocar, falar con el e as bibliotecarias léronnos unha chea de libros. Dous deles son estes:

Distribuir contido


by Dr. Radut