Skip to Content

Prom. 2019

OS CABALOS EN 5ºB INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Proxecto dos Cabalos

Nas aulas de 5º de infantil estamos a facer un proxecto dos animais e en concreto dos animais da granxa. Estes dias na aula de 5ºB falamos de todo o que sabemos sobre os animais da granxa e descubrimos que hai un animal que nos gusta moito: O CABALO

Imos investigar un pouco sobre eles, e para empezar, ademais de identificar as suas características físicas descubrimos que na nosa aula temos unha compañeira que monta a cabalo e é unha mini experta do tema. Tróuxonos a súa silla de montar e deixóunola probar a todos/as e explicounos moi ben como hai que facer, que son as riendas, como se fai para que o cabalo galope ou frene, e moitas cousas mais...Tamén nos falou do importante que é o casco e o chaleco e porqué os cabalos levan ferraduras. Moitas grazas compi!

Aquí vois deixamos unha pequena parte do que fixemos estes días.

Gracias a todas as familias que nos están mandando cousiñas para o proxecto!.

ANIVERSARIO DE ANTÍA 5ºB INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Aniversario de Antía

Xa estamos en novembro e este mes toca celebrar o aniversario de Antía. Coma sempre a nosa protagonista deu 4 voltas ao sol, vivenciando  de maneira significativa o paso dos anos, pero o mellor de todo foi a merendola de despois.

Que ben o pasamos!! Parabens para a nosa Antía!

SAMAÍN NA AULA DE 5º B

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Samaín na aula de 5ºB EI

Os pequechos/as de 4 anos B levamos unhas semaniñas traballando coa temática do Samaín que tanto nos gusta. Aquí vos mostramos algunhas fotos das cousiñas que fixemos: cociñar unha merenda de Samaín, xogar con xogos de mesa terroríficos, facer apócemas con materiais pringosos e celebrar esta festa convertidos en meigas, monstros, demos e outras criaturas. Todo moi horripilanteeeee!!!

 

ANIVERSARIO DE EITHAN 5ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Aniversario de Eithan

Hoxe na aula de 5ºB de Ed.Infantil tivemos un aniversario terrorífico. O noso compañeiro Eithan fixo 4 aniños e todos e todas o celebramos disfrazados no noso Samain do cole. O pasamos xenial e de forma terrorífica acompañamos a Eithan na súa cuarta volta ao sol.

Distribuir contido


by Dr. Radut