Skip to Content

Novas ANPA

VISITA DOS REIS MAGOS 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Visita dos Reis Magos 2022

Onte, a ANPA do colexio tróuxonos os Reis Magos. Instaláronlle, como non podía ser doutro xeito, un salón de tronos na biblioteca e os cativos e cativas foron pasando por ela. Mirade a reportaxe fotográfica premendo na imaxe. Ao longo desta fin de semana, iremos subindo as fotos.

FESTA DE NADAL!!

 

O próximo día 22 de decembro de 16:30 a 19:00 horas teremos unha Festa de Nadal con animación, obradoiros e a visita de Papa Noel!! 

É gratis para @s soci@s e @s non soci@s: 4€/nen@ menor de 13 anos.

Recordamos que para comprobar que sodes soci@s teredes que ensinar o código QR que vos enviamos a cada un de vos a través dun email. Podedes ensinalo no móbil ou en papel.

Agradeceremos a vosa colaboración para que todo saia o mellor posible.

Recordade tamén que tod@s @s nen@s deberán estar acompañad@s dun adult@ durante a festa e que ese día non haberá actividades extraescolares.

Esperámosvos!!

 

 

CONVOCATORIA ACTIVIDADES NOS CENTROS CÍVICOS PARA 2023

Informámoslles da convocatoria de actividades nos centros cívicos da Coruña e en concreto das actividades programadas nos centros cívicos de Labañou e Rosales. Achegamos tamén a ligazón web onde poden ampliar a información.

VOTA POLA NOSA PROPOSTA

COMPARTE E VOTA POLO NOSO COLE!

Temos unha proposta imprescindible nos orzamentos participativos do concello: A MELLORA DO PAVILLÓN do centro.

Preme na imaxe de enriba e vota a nosa proposta.

Distribuir contido


by Dr. Radut