Skip to Content

Novas ANPA

RECOLLIDA MATERIAL/TRABALLOS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Ante todo, esperamos e desexamos que todos vós e as vosas familias vos atopedes ben.

Queremos informarvos que aqueles socios interesados en recoller, tanto o voso material deportivo (almacenado nas instalacións do colexio -patíns-), como os traballos realizados polos vosos fillos nas actividades de Manualidades ou/e Pintura, poderedes facelo o xoves día 4 de xuño de 10:30 h a 11:30 h.

Para iso abrirase o portalón do patio por onde entra o alumnado, e ordenadamente (e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros) farásevos a entrega na entrada do Anpa.

Lembrámosvos que podedes enviar a calquera persoa (ou pedirlle a outros papás de compañeiros dos vosos nenos) en caso de non poder vir recollelos. 

Saúdos a todos e moito ánimo.

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN "CON CILIA NO COLE"

 

Estimadas SOCI@S:
 
Enviamosvos información do programa que vai levar a cabo a Federación en colaboración co Concello da Coruña, que ten como finalidade favorecer a conciliación no período de verán a aquelas familias que teñen que incorporarse ao mundo laboral, e que terá lugar nos Centros Escolares que veredes no programa que mentamos.
 
Terá preferencia o alumnado matriculado neses Centros, pero a preinscrición é libre para todos xa que no caso de quedar prazas libres entrarían tamén os procedentes doutros coles.

Se necesitades mais información, podedes contactar con nós nos teléfonos 981 20 20 02 e/ou 698 158 503

Esperando que todos esteades ben, recibide un afectuoso saúdo.

FESTA DE ENTROIDO!!

 

A festa será DE BALDE para os SOCIOS da ANPA e deberán recoller a invitación no local da ANPA no horario habitual de martes de 9:00 a 10:00 h. e xoves de 16:00 a 18:00 h.

Os que NON SEXAN SOCIOS poden comprar a entrada ao prezo de 2€/neno nos mesmos horarios.

Todos os nenos teñen que quedar ao coidado dun adulto.

ESPERÁMOSVOS!!!

 

Ese día non haberá actividades extraescolares.

VISITA DOS REIS MAGOS 2019!!!

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Visita dos Reis Magos 2019

Aquí vos deixamos as fotos do paso dos Reis Magos pola nosa escola!!

Canta ilusión, canta cara de felicidade!!

Temos que darlles as grazas por facer un oco para pasarse a visitarnos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut