Skip to Content

Novas ANPA

FESTA DE NADAL!!!

A festa será DE BALDE para os SOCIOS da ANPA e deberán recoller a invitación no local da ANPA no seguinte horario:

  • Xoves 12 e 19 de 16:00 a 18:00 h.
  • Luns 16, mércores 18, xoves 19 e venres 20 de 9:00 a 9:15 h.
  • Martes 17 de 9:00 a 10:00 h.

Os que NON SEXAN SOCIOS poden comprar a entrada ao prezo de 2€/neno nos mesmos horarios.

Todos os nenos teñen que quedar ao coidado dun adulto.

Se vos apetece, podedes traer algo de comida para compartir entre todos!

NON VOLA PERDADES!!! ESPERÁMOSVOS!!!

Ese día non haberá actividades extraescolares.

CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL 2019

 

Achegamos información sobre os campamentos de Nadal no centro Ágora e no Forum.

Aberto xa o prazo de inscrición.

 

HORARIO ANPA REDUCIDO XOVES 5 DE DECEMBRO

COMUNICAMOS QUE ESTE XOVES SÓ ESTAREMOS EN HORARIO DE 16:00 A 17:00 HORAS.

DISCULPADE AS MOLESTIAS.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 

ANPA CEIP RAQUEL CAMACHO 

Convócase aos soci@s do Anpa Ceip Raquel Camacho a unha asamblea xeral o vindeiro luns 2 de decembro de 2019 ás 16:15 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 horas en segunda convocatoria, que se celebrará na aula do comedor do colexio coa seguinte orde do día: 

PRIMEIRO.- Presentación nova directiva da Anpa. 

SEGUNDO.- Presentación e aprobación se procede das contas do exercicio 2018-2019 e orzamento estimado para o exercicio 2019-2020. 

TERCEIRO.- Presentación e información sobre a Escola de Nais e Pais (charlas moi interesantes para nais e país que ofreceremos no segundo e terceiro trimestre). 

CUARTO.- Madrugadores, comedor, actividades extraescolares… 

QUINTO.- Propostas organización festas/eventos para este curso (Nadal, entroido, fin de curso…) 

SEXTO.- Suxestións, rogos e preguntas. 

Debido a importancia dos temas a tratar, rogamos a maior asistencia posible. Lembrarvos que se por motivos laborais ou doutra índole non puidésedes asistir, é posible mandar a algún familiar (avós, tíos...) na vosa representación para dar a vosa opinión e informarvos das cuestións que se traten na devandita reunión. 

Distribuir contido


by Dr. Radut