Skip to Content

Novas ANPA

VISITA DOS REIS MAGOS

Hoxe, a ANPA do colexio tróuxonos os Reis Magos. Intaláronlle, como non podía ser doutro xeito, un salón de tronos na biblioteca e os cativos e cativas foron pasando por ela. Mirade a reportaxe fotográfica premendo na imaxe.

CIRCULAR SOBRE SEGURO ACCIDENTES

Achegamos a circular enviada hoxe por parte da ANPA sobre o seguro de accidentes. Preme na imaxe para vela.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A partir do 1 de outubro desenvolveranse no centro as seguintes actividades:

  • Inglés para Educación Infantil (3, 4 e 5 anos): luns e mércores de 16 a 17 horas.
  • Inglés para Educación Primaria (1º e 2º): luns e mércores de 18 a 18 horas.

Os interesados deberán formalizar a súa matrícula nos locais da ANPA en horario de luns a venres de 16 a 18 horas.

Mercadillo solidario "Todos con Iván"

A nosa noraboa ás organizadoras do Mercadillo solidario, celebrado no centro os días 26 e 27 de maio, pola organización e polo traballo realizado, xa que foi todo un éxito; recaudáronse 1.351 euros. E sobretodo moitísimas grazas a toda á comunidade educativa, pais, nais, avós, familiares, veciños....que colaboraron nesta iniciativa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut