Skip to Content

Novas ANPA

VOTA POLA NOSA PROPOSTA

COMPARTE E VOTA POLO NOSO COLE!

Temos unha proposta imprescindible nos orzamentos participativos do concello: A MELLORA DO PAVILLÓN do centro.

Preme na imaxe de enriba e vota a nosa proposta.

FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA 2022

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Festa de fin de curso da ANPA 2022

Pois chegou o final do curso e, con el, volven as tradicións perdidas durante a pandemia. O pasado mércores a rapazada do cole puido gozar da chea de actividades que a ANPA organizou. 

Abonda con botar un ollo ás imaxes para decatarse de que non faltou diversión!

FESTA FIN DE CURSO ANPA!!!

 

Este ano poderemos por fin celebrar o final de curso como se merece!!!


Por iso este ano organizamos unha gran festa para que @s nen@s desfruten e celebren o final do curso.

Convidámosvos a que gocen ao máximo de inchables, talleres e, como non, a tradicional festa da espuma!!

Pedímosvos un pouco de paciencia e comprensión, xa que na entrada teremos que comprobar @s que sodes soci@s (que entrades gratuitamente), e cobrar @s non soci@s (3€/nen@ menor de 13 anos). Agradeceremos a vosa colaboración para que todo saia o mellor posible.

Recordade que tod@s @s nen@s deberán estar acompañad@s dun adult@ durante a festa.

Esperámosvos!

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 

Por acordo da Xunta Directiva do Anpa “A Esperanza”, convócase a todos os Asociados á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o día 20 de Xuño de 2022, ás 16:00 h en primeira convocatoria e ás 16:30 h en segunda, en modalidade presencial, segundo o seguinte:

 

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación da Acta da última Asemblea.

2. Presentación e aprobación, se procede, das contas correspondentes ao curso 2021/2022.

3. Presentación novas incorporacións e baixas da Directiva do Anpa.

4. Opinións novo cátering.

5. Informar renovación mobiliario comedor.

6. Rogos e preguntas.

 

Á Asemblea poderán asistir todos os asociados/ as, pais/nais ou titores legais dos alumnos do CEIP Raquel Camacho da Coruña. 

Este ano, seguindo o protocolo Covid-19, a asemblea xeral será presencial xa que o protocolo así o permite; e terá lugar nas instalacións do comedor.

Debido á importancia dos temas para tratar, rogamos a maior asistencia posible.

A Coruña, 08 de Xuño de 2022

 

ANPA Ceip Raquel Camacho

Distribuir contido


by Dr. Radut