Skip to Content

Faime rir

CHISTES GAÑADORES DO RETO FAIME RIR 2022

En primeiro lugar, queremos agradecer a todas e todos os participantes do reto. A acollida foi masiva e non resultou sinxelo decidir os chistes gañadores e finalistas. Foi un aténtico festival do humor!!!

Educación Infantil

1º premio

2º premio

3º premio

Educación Primaria

1º premio

 

2º premio

 

3º premio (Ex aequo)

 

 

RETO FAIME RIR

A ver, rapaz/a:

Como queremos que traballes menos que o xastre de Tarzán, a participación neste reto poñémola sinxela:

  1. busca coa túa familia un chiste en galego;
  2. memorízao ben e ensaia diante dun espello;
  3. e despois grávate contándoo (que ninguén che diga o contrario: ti tes graza e punto!). 

Logo, pídelle a alguén da túa familia que saiba un mínimo de tecnoloxía que envíe o vídeo a este correo antes do luns, 24 de xaneiro de 2022:

ramonparis@edu.xunta.gal

ÚLTIMA HORA: aumentamos o prazo ata mércores, 26 de xaneiro.

O vídeo non pode durar máis dun minuto. Non te veñas tan arriba! 

Un prestixioso xurado composto polos membros do EDLG terá a dura tarefa (?) de elixir os máis simpáticos. 

Haberá dous premios: un para Infantil e outro para Primaria.

CHISTES GAÑADORES DO RETO FAIME RIR

Lembras que no folleto trimestral che propoñiamos un reto para escachar coa risa. Pois xa temos gañadoras. O EDLG decidiu premiar con cadanseu diploma e unha merenda de chocolate con churros (quentiños para o inverno) na categoría de Educación Infantil a:

E na categoría de Educación Primaria, o chiste gañador foi o de:

 

E, ademais, queremos facer unha mención especial a outros dous grandes humoristas:

RETO FAIME RIR

 

Lembras que che contabamos no Viveiro Express algo sobre un reto? Non? Pois refrescámosche a memoria.

Como participar no reto?

A ver, como queremos que traballes menos que o xastre de Tarzán, a participación neste reto poñémola sinxela:

  1. busca un chiste en galego (o máis gracioso que saibas), 
  2. memorízao ben, 
  3. ensaia diante dun espello 
  4. e despois grávate contándoo (que ninguén che diga o contrario: ti tes graza e punto!). 

Logo, pídelle a alguén da túa familia que saiba un mínimo de tecnoloxía que envíe o vídeo a este correo antes do domingo, 10 de xaneiro de 2021:

ramonparis@edu.xunta.gal

O vídeo non pode durar máis dun minuto. Non te veñas arriba!

Un prestixioso xurado composto polos membros do EDLG terá a dura tarefa (?) de elixir os máis simpáticos. O criterio que vai seguir é máis simple que o mecanismo dun lapis: gañarán os que máis fagan escachar coa risa aos excelentísimos compoñentes do equipo de galego. 

Haberá dous premios: un para Infantil e outro para Primaria. Consistirán en cadanseu vale para que vaias comerlle un chocolate con churros a Bonilla.

A que non agardabas un premio así? Pois, veña, demostra que tes máis simpatía que Henry Danger.

Distribuir contido


by Dr. Radut