Skip to Content

RETO FAIME RIR

 

Lembras que che contabamos no Viveiro Express algo sobre un reto? Non? Pois refrescámosche a memoria.

Como participar no reto?

A ver, como queremos que traballes menos que o xastre de Tarzán, a participación neste reto poñémola sinxela:

  1. busca un chiste en galego (o máis gracioso que saibas), 
  2. memorízao ben, 
  3. ensaia diante dun espello 
  4. e despois grávate contándoo (que ninguén che diga o contrario: ti tes graza e punto!). 

Logo, pídelle a alguén da túa familia que saiba un mínimo de tecnoloxía que envíe o vídeo a este correo antes do domingo, 10 de xaneiro de 2021:

ramonparis@edu.xunta.gal

O vídeo non pode durar máis dun minuto. Non te veñas arriba!

Un prestixioso xurado composto polos membros do EDLG terá a dura tarefa (?) de elixir os máis simpáticos. O criterio que vai seguir é máis simple que o mecanismo dun lapis: gañarán os que máis fagan escachar coa risa aos excelentísimos compoñentes do equipo de galego. 

Haberá dous premios: un para Infantil e outro para Primaria. Consistirán en cadanseu vale para que vaias comerlle un chocolate con churros a Bonilla.

A que non agardabas un premio así? Pois, veña, demostra que tes máis simpatía que Henry Danger.



page | by Dr. Radut