Skip to Content

Faime rir

CHISTES GAÑADORES DO RETO FAIME RIR INTERCENTOS 2023

Xa rematou o reconto de todas as puntuacións outorgadas por cada unha das aulas dos tres colexios e os vídeos gañadores son os seguintes.

Categoría de Educación Infantil

15_Carlos do CEIP Plurilingüe de Prácticas

 

Categoría do 1º ciclo de Educación Primaria

04_Felipe do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

 

Categoría do 2º ciclo de Educación Primaria

08_Manuela do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

 

Categoría do 3º ciclo de Educación Primaria

11_Sabela do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

 

Parabéns e grazas a todas e todos os que participastes! E aos e ás que non, o ano que vén non o dubidedes. Ide pensando o chiste xa, non vaia ser que vos colla o carriño dos xeados.

FINALISTAS DO RETO FAIME RIR 2023 NO NOSO COLEXIO

O prestixioso xurado compposto polo EDLG (o equipo de galego do colexio) seleccionou como finalistas de cada categoría os vídeos que aparecen de seguido. Pero antes de velos, o EDLG quere agradecer a participación masiva do alumnado do noso centro nesta actividade. Puxéchedesnolo moi difícil!

Cómicas e cómicos do Raquel, sodes moi grandes!!!

Finalistas en Educación Infantil:

25_DARIUS

 

26_NOEL

 

27_AVIA

 

 

Finalistas no 1º ciclo de EP

28_XULIA

 

 

29_XOEL

 

 

30_MARA

 

 

Finalistas no 2º ciclo de EP

31_MATEO

 

 

32_YAGO

 

 

33_NOELIA

 

 

Finalistas no 3º ciclo de EP

34_SAMIELS

 

 

35_BIANCA

 

 

36_DANIEL

RETO INTERCENTROS FAIME RIR

A ver, rapaz/a:

Como queremos que traballes menos que o xastre de Tarzán, a participación neste reto poñémola sinxela:

  1. busca coa túa familia un chiste en galego;
  2. memorízao ben e ensaia diante dun espello;
  3. e despois grávate contándoo (que ninguén che diga o contrario: ti tes graza e punto!).  

Logo, pídelle a alguén da túa familia que saiba un mínimo de tecnoloxía que envíe o vídeo a este correo antes do luns, 6 de febreiro de 2023:

ramonparis@edu.xunta.gal

***ÚLTIMA HORA***

Sabemos que alguén tivo dificultades técnicas para enviar o vídeo e por iso aumentamos o prazo ata este MÉRCORES, 8 DE FEBREIRO. Veña, corre lixeiro para mandalo!

O vídeo non pode durar máis dun minuto. Non te veñas tan arriba! 

Un prestixioso xurado composto polos membros do EDLG terá a dura tarefa (?) de elixir os máis simpáticos que pasarán á segunda fase onde competirán cos finalistas do CEIP San Pedro de Visma e do CEIP de Prácticas.

Máis info aquí ou premendo na foto.

Distribuir contido


by Dr. Radut