Skip to Content

O EDLG

LETRAS GALEGAS 2024

Sabías que?

O CEIP Raquel Camacho gaña o concurso de exposición de carteis das Letras Galegas 2024.

Este ano homenaxeamos polo día das Letras Galegas a Luísa Villalta, unha escritora coruñesa, do barrio da Falperra.

Luísa Villalta amaba a nosa cidade, coñecía todos os seus recunchos, e a moitos deles dedicoulle poemas ou escritos.

Estudou no instituto Eusebio da Guarda e despois foi profesora de lingua e literatura galega en tres institutos.

Luísa Villalta escribiu moitos xéneros literarios como poesía, teatro, relato, ensaio e incluso artigos de opinión para a prensa.

Algo moi salientable desta autora foi o compromiso social que tivo coa Coruña, xa que era habitual a súa participación en manifestacións na cidade en contra da catástrofe do Prestige, en contra da guerra ou a prol do feminismo.

Luísa Villalta morreu moi xoven e descansa no cemiterio de Santo Amaro, xunto con outros persoeiros moi destacados como Luís Seoane, Manuel Murguía, Curros Enríquez, etc.

 

Se queres saber máis: MIRA OS NOSOS CARTEIS.

 

     

 

TÍRALLE DA LINGUA 2023

Sofía Gómez, gañou o concurso Tíralle da lingua 2023 a nivel galego, por iso levouse o premio de 150€

PARABÉN SOFÍA!

Aquí tendes a súa historia: O sorriso de Don Beltrán.

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Día europeo das linguas

Hoxe é o día europeo das linguas, por iso no cole sacamos as nosas, todas diferentes pero ben fermosas!

QUEN SOMOS?

EDLG son as siglas do Equipo de dinamización da lingua galega, o órgano do colexio encargado de potenciar o uso da lingua galega, como afirma o noso Estatuto de Autonomía. No noso centro está integrado por:

  • Patricia Abad Reino EI (Coordinadora)
  • Xabier Gayoso Ponte EI
  • Mª Carmen López Rancaño, Inglés. 
  • Carmen Caamaño Ameijeiras, EP.
  • Alberto Patiño Varela EP.
  • María de la O Fernández, PT
  • María José Camino Marta, PT
  • Susana Rodríguez Martínez, EP
  • Alejandra Candal Otero, EP
Distribuir contido


by Dr. Radut