Skip to Content

Aliméntate ben!

ALIMÉNTATE BEN

FAME NEGHRA

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Receitas arrepiantes

Falta pouco para o Samaín e, na nosa clase, o MEDO trae fame, unha fame neghra!

Como tanto nos gusta, tocou cociñar. Estaremos na cociña metidos toda a semana facendo arrepiantes e sobre todo saudables receitas de Samaín. Aquí podedes ver como quedaron as pizzas de araña e os dentes de zombi. Só o podedes ver porque estes pequenos non deixaron nin a proba...

A que dixen

 

 

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Día da Alimentación

Non me cansarei de recomendar a froita a calquera hora do día. E que mellor forma de lembrar este 16 de outubro, día mundial da alimentación, cunhas ricas mazás que nos agasalla o cole!

Neste día, lemos contos moi interesantes como Tanta Miga, A pequena oruga glotona, Alimentación sa, Golosina e perrozoso...Tamén fixemos sorrisos de mazá e por suposto, as comemos. Que boas estaban!

TANTA MIGA, TANTA MIGA,

MÁIS FROITA,

E MENOS BARRIGA!

FESTA FIN DE CURSO SAUDABLE EN INFANTIL

Os nenos de 4º  de Educación Infantil fixemos unha festa de fin de curso con froita divertida. 

Distribuir contido


by Dr. Radut