Skip to Content

Plan Proxecta

FROITAS ARREPIANTES

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Froitas que están de medo

Sabedes o dito de: A letra con sangue entra?

Pois non, comprobado empiricamente.

Despois das investigacións feitas nestas semanas na clase... Podemos afirmar que a letra, con chocolate entra!

Todos querían formar as súas primeiras e frutíferas palabras. Sen dúbida o chocolate motiva moito.

Aproveitamos as froitas de tempada para transformalas en arrepiantes cabazas, Frankenstein e pantasmas, xogamos cas súas letras, as sílabas, e as comemos, por suposto.

Animádevos a probar na casa, é moi sinxelo.

 

COA COMIDA SI SE XOGA!

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Día da Alimentación (16 de outubro de 2019)

No día mundial da alimentación aproveitamos para xogar coa comida!

Que divertido é...Clasificamos alimentos, os comemos, xogamos cas súas letras e ata cantamos cancións.

Unha boa alimentación é fundamental e os nosos nenos/as sábeno ben Risa

Distribuir contido


by Dr. Radut