Extraescolares |
Ao fin un día de sol. Preséntase pois, un bonito día para a actividade de hoxe: visita ao Parque Natural de Cabárceno. A visita vaise a realizar en dúas partes, unha pola mañá e outra pola tarde. pola tarde á volta do parque, realizaremos as actividades que non se poideron levar desenrolar o primeiro día por mor da choiva. Hoxe temos dous nenos de cumpre: Lucía e Pablo Trasbach. Algunha sorpresa terán. Parabéns aos dous. Diario dos/as alumnos/as de 6º a Cabárceno. |
|||
Aínda que o día amanece nubrado, a choiva parece ser que nos deixou. Hoxe o día promete. Ás 9:30 partimos cara os Picos de Europa e logo pola tarde, visita a San Vicente de la Barquera. Diario dos/as alumnos/as de 6º A chegada aos Picos de Europa foi moi emocionante, xa que atopamos neve nestes meses de primavera. Para comezar a visita subimos no teleférico de Fuente Dé, a vista era moito mais bonita que dende abaixo. |
|||
A mañá recíbenos con choiva. Ás 9:45h. saímos hacia as covas de Altamira. As actividades do día de hoxe tamén van estar condicionadas polo tempo. Que lástima! Pola tarde unha boa nova: parou de chover! Diario dos/as alumnos/as de 6º en Cantabria. |
|||
Ás 8:40 saímos dende o colexio, practicamente respectando o horario previsto. O día recibiunos un pouco "tristón" con ameaza de algunha "pinga" de auga. Os rapaces, todos ilusionados e ansiosos despídense de seus pais. Durante o camiño, o tempo mantense igual. De momento sen choiva. Os rapaces, de momento, de excelencia. |
|||
Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, marchamos este sábado para o Parque Natural de Cabárceno - Cantabria, nunha viaxe didáctica que promete ser intensa e enriquecedora, se nos atemos ao programa da viaxe, a cal foi organizada polas titoras de 6º Montserrat Blanco e Cristina Fernández, xunto coa colaboración do director do centro José Manuel Vilas. A viaxe durará 5 días, saíndo o sábado día 8 de xuño ás 8:30 da mañá e regresando a Boiro o mércores día 12 ás 20:00 horas. |
|||