Skip to Content

Excursión a Cabárceno

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, marchamos este sábado para o Parque Natural de Cabárceno - Cantabria, nunha viaxe didáctica que promete ser intensa e enriquecedora, se nos atemos ao programa da viaxe, a cal foi organizada polas titoras de 6º Montserrat Blanco e Cristina Fernández, xunto coa colaboración do director do centro José Manuel Vilas.

A viaxe durará 5 días, saíndo o sábado día 8 de xuño ás 8:30 da mañá e regresando a Boiro o mércores día 12 ás 20:00 horas.

Durante a viaxe de ida cara a Cabárceno faremos unhas visitas turísticas á Praia das Catedrais en Ribadeo e a Praia de Santa Marina, en plena desembocadura do Río Sella, en Ribadesella - Asturias.

Unha vez chegados ao albergue de Cabárceno comenzaremos cun amplo programa de actividades que podedes consultar pinchando aqui.

Durante a viaxe de regreso, pararemos en León, donde visitaremos a súa catedral así como a zona antiga da cidade.

A nosa viaxe rematará ás 20:00 horas do mércores 12 de xuño, unha viaxe da que esperamos vir cargados de novas experiencias.



page | by Dr. Radut