Secretaría

SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2023/2024

 

Dende o martes 4 de xullo e ata o martes 11 de xullo, ámbolos dous inclusive, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza nos servizos complementarios de transporte e de comedor.

O mércores 12 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos en cada un dos servizos. Na listaxe, por mor da lei de protección de datos, en lugar do nome do beneficiario aparecerá un código que lle será asignado no momento da presentación da solicitude.

Dende o día da publicación provisional estableceranse 7 días hábiles para posibles reclamacións.

O venres 21 de xullo farase pública a listaxe definitiva na que figurarán os códigos correspondentes ás solicitudes aceptadas.

A solicitude poderase entregar de xeito presencial no centro (de 9:30 a 13:30) ou vía correo electrónico (ceip.praia.xardin@edu.xunta.es)

Distribuir contido