Novas

Guía lectura verán

Recomendacións lectoras nadal 2021

RADIO NA BIBLIO

  

O 3 de novembro publicouse  a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dá a coñecer a relación dos 30 centros que se integran no programa RADIO NA BIBLIO no presente curso 2021/22. 

 O noso centro foi seleccionado!!

Comezamos esta nova aventura con gran ilusión.

 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.

 

Ola a todas e todos!

Este ano teremos que celebrar o día do libro na casa, podemosD facelo en familia, todos xuntos.

Familias, tócavos a vós levar a rendas deste día.

Biblioteca proponvos varias actividades para que elixades a máis axeitada ás vosas nenas e nenos:

 Escollede un libro e lédeo entre todos. Si queredes facede unha gravación, en vídeo ou audio, e enviádenos o resultado ao correo da biblioteca.

 Facede un debuxo do libro que máis vos gusta, poñede unha frase que nos indique por que vos gusta, non esquezades escribir tamén o voso nome e curso, e podedes achegalo ao correo .

• Escollede cinco ou seis libros e cos títulos inventade unha historia, podedes tamén gravalo en vídeo, audio ou escribilo e envíalo ao correo do blogue.

Podedes participar en todas as modalidades que queirades.

Correo: biblioceippraia@gmail.com

Moito ánimo!

Espero as vosas achegas.

mouchiñoMouchiño.

 

 

GaliciaLe

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

REXÍSTRATE

e desfruta da lectura.

Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

<Preme na imaxe para ver un vídeo>

Distribuir contido