blogue deadmin

Menús do 1º trimestre

Listado de material para o curso 2024/2025-6ºA

Publicamos listado de material para o curso 2024/2025.

 

 

Material escolar e libros para 5º E.P.   MATERIAL PARA O ALUMNADO CURSO 24/25

 

(Poderá empregarse o material do ano pasado sempre e cando estea en bo estado).

 

Sería convinte que todo o material o trouxeran a primeira semana do curso e decir, do 11 ao 13 de setembro, non sendo necesario traer todo dunha soa vez.

 

Recomendable que todo o material veña co nome do alumno/a.

 

MATERIAL PARA AULA:

1 bolígrafo azul. ( non borrable).

1 bolígrafo negro. ( non borrable).

1 bolígrafo vermello. ( non borrable).

1 lapis.

1 goma de borrar.(non tipp-ex ou similares).

1 afialapis.

1 caderno cuadriculado con marxe (matemáticas).

1 caderno cuadriculado con marxe ( Ciencias da natureza e Ciencias Sociais. Empregarase a metade do caderno para cada área).

1 caderno dobre pauta con marxe.(lingua galega).

1 caderno dobre pauta con marxe.(lingua castelá).

1 estoxo.

1 carpeta (tipo sobre, ou con gomas, ou similar...) para levar fichas para casa.

1 carpeta (tipo sobre, ou con gomas, ou similar...) para organizar fichas da clase.

1 axenda curso académico 24-25.

1 cores tipo plastidecor oun similar( 12 ou 24 unidades, a elexir)

1 subraidor cor verde.

1 subraidor cor amarelo.

1 subraidor cor rosa.

 

INGLÉS:

1 libreta grande (traer a do ano pasado).

Activity book Kids Can 6. Editorial Macmillan. ISBN. 9781380053695.

 

PLÁSTICA:

1 carpeta grande (xa teñen no cole a do ano pasado).

1 bloc de debuxo con espiral (xa teñen no cole a do ano pasado).

1 marco de fotos de aproximadamente 19cm x 23 cm.

1 paquete de rotuladores de LETTERING.

 

MÚSICA:

O mesmo material do ano pasado, si está en boas condicións.

 

RELIXIÓN:

 

O mesmo material do ano pasado, si está en boas condicións.

LISTADO DE MATERIAL PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 24/25

Achegamos listado de material para o alumnado de 3º de educación primaria para o curso 2024/2025.

Recalacamos na importancia de ceñirse ás características que se piden do material así como marcalo todo co nome do alumno ou alumna.

Para unha mellor organización e aproveitamento do tempo sería convinte que o alumnado dispuxera de todo o material na primeira semana de clases.

Moitas grazas.

Os titores de terceiro.

SOLICITUDES DE COMEDOR E TRANSPORTE ADMITIDAS

Todas as solicitudes de comedor e transporte presentadas para o curso 2024/2025 foron admitidas.

Os usuarios de comedor que teñan recibos pendentes, deberán efectuar o pago antes do 1 setembro, de non ser así, quedarán excluídos deste servizo.

 

 

 

COLABORADORES/AS DE COMEDOR CURSO 2024/2025

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección. Xunto coa solicitude, deberán entregar copia de DNI e acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por calquera delito contra a liberdade e a indemnidade sexuais, asi como por calquera delito de trata de seres humanos.

 

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

Distribuir contido