blogue deadmin

ESCOLA DE MÚSICA

A Escola de Música do Concello de Boiro abre o prazo para a solicitude de praza do próximo curso 23-24.
Reserva a túa praza a través do enlace:

https://forms.gle/ANJdDf6p5yPT4Kie6

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL

O prazo para presentar solicitudes iníciase o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Orde do 10 de maio de 2023

 O alumnado matriculado no centro poderá solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º e 6º de Educación Primaria. O alumnado de de Primaria só participará nas axudas para adquirir material, xa que o próximo curso participará no Proxecto E-Dixgal.

- Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Educación Primaria (de 1º a 6º).

As solicitudes poderán presentarse no centro ou a través da sede electrónica.

Documentación a presentar:

- ANEXO I e II

- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

- Certificado acreditativo de grao de discapacidade se este é recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

- Listaxes provisionais: 27 de xuño.

- Reclamación ás listaxes provisionais: 28 e 29 de xuño.

- Listaxes definitivas: 3 de xullo.

- Entrega de vales: entre o 4 e 14 de xullo ou a partires do 1 de setembro.

 

LETRAS GALEGAS 2023

 

 

O alumnado de 3ºB, animouse a representar, mediante o teatro de sombras, a biografía do autor ao que se lle adica este ano o día das letras galegas, Francisco Fernández del Riego.

Premede aquí para acceder:

https://drive.google.com/file/d/1-CmPscauz9BhJAYFMNO60cwSfc_0Cdft/view?usp=share_link

Primavera das letras 2023. Real Academia Galega. Texto: Eva Mejuto. Ilustracións de Lucía Cobo.

TEATRO NA CACHADA

O vindeiro sábado, 15 de abril ás 19:00, terá lugar a representación teatral "Castelao" ás 19.00h na Casa de Cultura. A obra está  destinada a público infantil e familiar. 
 

EspazoFamilias: Xornadas da Mellora da Comunicación Familiar

Atendidas as propostas de mellora recollidas en ediciones anteriores, este ano, a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre os participantes.

Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiecias en torno a gran tarefa que temos como pais de escoitar aos nosos fillos e fillas e facermos escoitar.

Introdúcese tamén outra novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar, incluir á rapazada como parte fundamental destas xornadas. programando actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar.

As sesións estarán a cargo de:

Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións

Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores

 

Xaime Bello (Proxecto Turbina)

Adolescentes a partir de 13 anos

 

Alba Pérez (Educadora Social)

Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos

 

Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte

enlace:

https://espazofamilias.org/reserva/

As demáis actividades non precisan de reserva.

Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril

Hora: 18.00h

Lugar: Centro Social de Boiro

 

Animámosvos a participar!!!

Distribuir contido