Segundo

PROPOSTA 4

 

Aquí vos deixamos a nova proposta, con contos, xogos, experimentos e actividades diversas, para levar a cabo entre o 31 de marzo e o 14 de abril:

Podedes acceder a ela a través da aula virtual!!!

 

PROPOSTA 4

 

MATERIAIS PROPOSTA 4

 

PIRÁMIDE ALIMENTICIA

 

Seguen chegando os vosos traballos, esta vez amosámosvos as pirámides alimenticias que estades a elaborar...

 

 

Recordade poñerlle o título, os nomes dos grupos de alimentos e a frecuencia semanal coa que debemos inxerir cada grupo de alimentos!!!

 

ECOSISTEMAS

 

Xa nos están chegando fotos dos ecosistemas que os nenos e nenas de segundo estivéchedes elaborando estes días.

 

A ver si sondes quen de adiviñar de qué ecosistemas se tratan.

 

 

 

 

Agora só vos queda investigar sobre o voso ecosistema:

- Nome do ecosistema.

- Que seres vivos hai no teu ecosistema?

- Cal é o medio físico do teu ecosistema? (seres inertes)

- Quen come a quen no teu ecosistema?

- Como é o clima do teu ecosistema?

- Curiosidades do teu ecosistema.

NOVO BLOGUE PARA OS NENOS/AS DE SEGUNDO

Boas! Neste bogue iremos publicando as actividades e tarefas de interese para os nenos e nenas de segundo.

A lectura sempre é unha boa proposta, neste enlace podedes atopar moitas opcións para todas as idades.

Preme na imaxe para acceder. 

 Aquí tedes PROPOSTA 3, para levar a cabo do 17 ao 31 de marzo.

Os nenos e nenas poden escoller o qué facer cada día e ir marcando o que xa remataron.

 Deixámosvos tamén os MATERIAIS necesarios para levala a cabo. Non é preciso imprimir todos.

Unha aperta e moito ánimo...

Distribuir contido