Orientación

Información becas MEC

Recordamos que o prazo para a solicitude das becas do MEC para o alumando con Necesidade Específica de Apoio Educativo remata o vindeiro 30 de setembro. No seguinte enlace podedes acceder a toda a información:  solicitude beca

 

BECAS NEAE CURSO 2020/2021

Las becas para estudiantes de secundaria

 

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO NEAE 2020-2021

 

 

Prazo de presentación: ata o 30 de setembro

 

Cómo se fai a solicitude: no seguinte link

 

 https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

 

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA PARA SOLICITAR A BECA

 

Para o caso de presentar necesidade específica de apoio educativo (NEAE) derivada de discapacidade, trastorno grave de conduta, TDA-H o TEA requirirase acreditalo por algunha das seguintes vías:

 

  • Certificado do Departamento de Orientación que acredite as NEAEs do alumnado en cuestión

  • Certificado de discapacidade (o alumnado que xa obtivo a beca o curso pasado, queda exento de presentalo o presente curso)

 

Si o solicitante require axuda para a reeducación pedagóxica ou da linguaxe, requirirase, ademais da anterior, a seguinte documentación:

 

  • Informe específico do Departamento de Orientación, no que se detalle a asistencia educativa e as horas semanais que se consideran necesarias para a súa corrección, así como, no seu caso, as prestadas polo centro, a duración previsible da mesma e as condicións que garantan a súa prestación.

  • Memoria expedida polo centro reeducador que preste o servizo na que conste información detallada das características do mesmo, incluíndo o número de horas semanais e especialista que o presta así como do custo mensual

  • Declaración responsable da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou de linguaxe de que reúne os requisitos de formación establecidos na convocatoria.

  • Condición de familia numerosa, se así fose.

 

Para o caso de presentar NEAEs asociadas a Altas capacidades:

 

  • Certificado do Departamento de Orientación dependente da administración educativa correspondente que acredite a presencia de AACC.

  • Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste servizo na que conste as características de dito servizo, así como as horas semanais, o especialista que o preta e o costo.

 

LUGAR DE ENTREGA:

 

  • Solicitantes con certificado reconocido de firma electrónica: preséntase a través do rexistro telemático do Ministerio de Educación e Formación Profesional, axuntando un escanado dos certificados correspondentes.

  • Solicitantes sen certificado recoñecido de firma electrónica: imprimirán o modelo de solicitude e o presentarán, unha vez firmado por todos os membros da unidade familiar que deban facelo, no centro educativo no que vaian a realizar os estudos durante o curso 2020/2021. A solicitude non se poderá tramitar si non se presentou no centro de estudios dentro do prazo de presentación de solicitudes. Dito centro de estudos proporcionará un comprobante selado ó solicitante, que lle servirá de xustificante de ter presentado dita solicitude.

 

 

* No seguinte enlace detállase os pasos a seguir para completar a información necesaria para a BECA:

 

https://www.redcenit.com/solicitar-la-beca-mec-para-alumnos-con-necesidades-especificas-de-apoyo-educativo-2020-2021/

 

 

Distribuir contido