Axudas libros e material

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL

O prazo para presentar solicitudes iníciase o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Orde do 10 de maio de 2023

 O alumnado matriculado no centro poderá solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º e 6º de Educación Primaria. O alumnado de de Primaria só participará nas axudas para adquirir material, xa que o próximo curso participará no Proxecto E-Dixgal.

- Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Educación Primaria (de 1º a 6º).

As solicitudes poderán presentarse no centro ou a través da sede electrónica.

Documentación a presentar:

- ANEXO I e II

- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

- Certificado acreditativo de grao de discapacidade se este é recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

- Listaxes provisionais: 27 de xuño.

- Reclamación ás listaxes provisionais: 28 e 29 de xuño.

- Listaxes definitivas: 3 de xullo.

- Entrega de vales: entre o 4 e 14 de xullo ou a partires do 1 de setembro.

 

Distribuir contido