Convocatoria do programa LECTURA E FAMILIAS

Mar, 23/11/2021 - 10:51
be

Achégase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fai pública a convocatoria do programa LECTURA E FAMILIAS, de 19 de novembro de 2021, dentro das iniciativas para promover a lectura e un uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade escolar nos centros de titularidade da consellería de Cultura, Educación e Universidade integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares que imparten ensinanzas de infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2021/2022.

Prazo límite para presentación de solicitudes: 10 de decembro de 2021.