CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 18 de setembro de 2024), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
- A directora do Centro. - Un mestre ou mestra. - Un pai ou nai ou titor legal. - Un representante do persoal de administración e servizos
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 15 de outubro, martes, ás 16:15 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
|
|||
|
|||
Todas as solicitudes de comedor e transporte presentadas para o curso 2024/2025 foron admitidas. Os usuarios de comedor que teñan recibos pendentes, deberán efectuar o pago antes do 1 setembro, de non ser así, quedarán excluídos deste servizo.
|
|||
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección. Xunto coa solicitude, deberán entregar copia de DNI e acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por calquera delito contra a liberdade e a indemnidade sexuais, asi como por calquera delito de trata de seres humanos.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024. Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
|
|||
Dende o mércores 26 de xuño e ata o venres 19 de xullo, ámbolos dous inclusive, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza nos servizos complementarios de transporte e de comedor. O luns, 22 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos en cada un dos servizos. Na listaxe, por mor da lei de protección de datos, en lugar do nome do beneficiario aparecerá un código que lle será asignado no momento da presentación da solicitude. Dende o día da publicación provisional estableceranse 7 días hábiles para posibles reclamacións. O venres 2 de agosto farase pública a listaxe definitiva na que figurarán os códigos correspondentes ás solicitudes aceptadas. A solicitude poderase entregar de xeito presencial no centro (de 9:30 a 13:30) ou vía correo electrónico (ceip.praia.xardin@edu.xunta.gal).
|
|||