PENSANDO NUN NADAL MÁIS VERDE

O alumnado da área de proxecto Competencial de 4º curso prepararon estas recomendacións para fomentar un Nadal máis sostible.

 

Por un Nadal Sostible de maria

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

PROGRAMA DE RADIO SAMAÍN

Durante a celebración do Samaín, o alumnado de 4º de Educación Primaria gravou un programa de radio no que contaron coa colaboración dos usuarios/as do Centro de DIA, aos que queremos agradecer o bo rato que pasamos con elas e con eles.

ACTIVIDADES DE NADAL NO CONCELLO DE BOIRO

 

ESPAZO FAMILIAS: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía

 

 

A vindeira semana darán comezo as xornadas de EspazoFamilias, organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título

“Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía”

A primeira charla terá lugar o martes, 21 de novembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas no Centro Social de Boiro.  Este taller estará a cargo de Mercedes Urbiola, pedagoga e guía Montessori, que nos guiará na tarefa de acompañar ás nosas fillas e fillos nos estudos académicos.

Contaremos, ao igual que o curso pasado, con obradoiros para a rapazada.

Máis información na web EspazoFamilias https://espazofamilias.org/

 

Animádevos a participar!

Distribuir contido