Skip to Content

Campaña solidaria

No CEIP Praia Xardín por sexto ano consecutivo levouse a cabo un acto solidario de recollida de alimentos non perecedoiros. A Cruz Vermella encargouse da recollida de ditos alimentos para repartilos entre os máis necesitados. A directora agradeceu a toda a comunidade educativa as súas aportacións porque sin a súa colaboración este acto solidario non sería posible.


 

Felicitación nadal

A educación é unha pequena semente que se planta cando somos pequenos pero que debe regarse toda a vida

BO NADAL

Ceip Praia Xardín

Postal de nadal gañadora no concurso de postais (Victoria García Piñeiro 2ºA) 


 

 

Vacacións nadal

COMUNICÁMOSVOS que o xoves 21 de decembro, o primeiro trimestre chega ao seu fin. Temos programada a celebración do Nadal Solidario no noso centro cunha variedade de obradoiros coa tématica do Nadal. As familias estades convidadas á entrega dos lotes de alimentos á Cruz Vermella que terá lugar ás 12:30 horas. Poderedes acceder o pavillón polo portalón de fóra.

O xoves 21 de decembro o horario será de xornada reducida. A Saída para o alumnado sen comedor será ás 13:15 horas. A saída do alumnado usuario de comedor será ás 14:45 horas.

AS CLASES RETOMARANSE O LUNS 8 DE XANEIRO NO SEU HORARIO HABITUAL.

Recibide un cordial saúdo e Felices Festas.

Alumnos de 4º de infantil con papa noel na biblioteca do centro.

 


 

 

Nadal solidario

Desde o colexio, como se ven facendo desde hai anos, queremos novamente promover un acto solidario de recollida de alimentos non perecedeiros. Este ano a recollida destinarase novamente á Cruz Vermella de Boiro. Por todo isto imos traballar coas vosas fillas/os a alimentación e a solidariedade, entre os días 19 e 20, e o día 21 imos preparar lotes de alimentos para entregarlle á Cruz Vermella para que así esta organización os reparta entre os máis necesitados.
 
Se vostedes poden colaborar coa aportación dalgún ou dalgúns alimentos dos que aparecen a continuación, lles agradeceríamos que o fixeran a partir do luns 11 de decembro:
 
Alimentos fundamentais:
Leite, aceite, galletas, salchichas, latas de conservas, arroz, tomate frito, iogures (que non necesiten frío)
 
Outros alimentos:
Botes de froita en almíbar, garbanzos, fabas, cereais, cacao, pan tostado, pasta, lentellas, sopa de sobre, botes de comida precociñada, botes de conserva vexetais, sal, azucar.
 
Aproveitamos a ocasión para convidalos á entrega dos lotes que se preparen, o día 21 a partires das 12:30 no pavillón do colexio (abrirase a porta do aparcamento da praia)

Días non lectivos

Estimadas familias:
Informámosvos que no mes de decembro serán días non lectivos os seguintes:
Mércores día 6: Día da Constitución
Xoves día 7: Día do Ensino.
Venres día 8: Día da Inmaculada Concepción.

As clases retomaranse o luns 11 de decembro no seu horario habitual.

Un Saúdo

Boiro, 4 de decembro de 2017


 

Menú decembro

Almorzos saudables

Os alumnos do obradoiro de emprego volveron visitar o colexio para seguir ensinando os nenos a facer uns almorzos moi saudables, nesta ocasión tivemos tamén a visita do alcalde do Concello de Boiro Juan José Dieste  e a concelleira de ensino Maria José Lorenzo

Mural contra a violencia de xénero

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS

Visitounos o obradoiro de emprego de hostelería de Boiro

Hoxe visitounos no Ceip Praia Xardín o alumnado do Obradoiro de Emprego de Hostelería de Boiro para realizar unha actividades relacionada con almorzos saudables cos nenos e nenas de 4º de infantil.

Celebración do magosto

Estimadas familias:

COMUNICÁMOSVOS que o venres 10 de novembro, temos programada a celebración do Magosto no noso centro, polo que agradecemos que cada neno/a traia unha pouco de leña e castañas picadas, así mesmo tamén realizaremos unha seria de actividades entre as cales está a degustación de doces típicos do Magosto e do outono, polo que pedimos a vosa colaboración para que ese día os nenos/as tamén aporten un postre para dita actividade.

No caso de que ese día chova as castañas serán devoltas a cada neno/a.

O horario será de xornada reducida. A saída para o alumnado sen comedor será ás 13.15.

A Saída do alumnado usuario do comedor será ás 14:45 horas.

Grazas pola vosa colaboración

En Boiro, 7 de novembro de 2017

Equipo de actividades extraescolares.

 


 

Menú novembro

 

Pinchar no menú para velo en grande

Fotos do samaín

Día non lectivo

Estimadas familias:

Comunicámosvos que o mércores 1 de Novembro, día de todos os santos está marcado no calendario escolar como día non lectivo (orde do 12 de xuño de 2017 - DOG 22 de xuño), polo que as clases retomaranse o xoves 2 de novembro.

 

Reciban un cordial saúdo.

En Boiro, 30 de outubro de 2017


 

Celebración do Samaín

Ola familias!

O martes 31 de Outubro celebraremos o Samaín.  Coma sempre, levaremos a cabo un concurso de cabazas. Poderedes traelas para o centro durante a xornada do LUNS 30. Quedarán fóra de concurso aquelas que non veñan o luns. Aqueles nenos que queiran poden vir disfrazados.

O martes 31, a partir das 19:00h, expoñeranse fóra do centro para o seu posterior acendido. Aqueles que así o desexen poden pasar a recollelas o mércores 1 de novembro, xa que logo tiraranse.

Aproveitamos para informarvos que este ano se traballará dende o centro a seguinte temática: “O mar”. Aqueles que así o desexen poden aproveitar este tema para a decoración das cabazas. 

Un saúdo.                                                                        

                                                                    Equipo de actividades complementarias e extraescolares.

 

Boiro, a 24 de outubro de 2017

 


 

 

Roupa perdida no colexio

Estimadas familias:

Dende que empezou o curso escolar hai unha gran cantidade de roupa no colexio esquecida polos nenos/as. Se botades en falta algunha prenda de roupa do voso fillo/a pasade a recollela pola colexio, por favor.

Agradecemos que lle poñades o nome e apelido do neno/a á roupa para que sexa máis fácil identificar o propietario e poder devolverlla.

Boiro, a 17 de Outubro de 2017

Dirección.

Menú outubro

Horario de outubro a maio

Menú setembro

Obradoiro de poesía: A nosa Rosalía

Dende o departamento de Cultura do Concello de Boiro, ofertan o seguinte obradoiro:

(Achegamos programa)

Convivencia Escolar

Convivencia Escolar

No marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proporciona aos diferentes sectores da Comunidade Educativa, unhas claves coas que poden acceder, de forma anónima, a unhas enquisas que teñen como obxecto o de facilitar a elaboración dos plans de convivencia doscentros, así como o de establecer o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora do mesmo.

CALENDARIO ESCOLAR (CURSO 2015-2016)

CALENDARIO ESCOLAR (CURSO 2015-2016)

ACTIVIDADES LECTIVAS:
As actividades lectivas realizaranse do día 10 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:
Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive.
Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive.
Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016

DÍAS NON LECTIVOS:
Día do Ensino: 30 de outubro de 2015
Elixidos polo centro: ---

O COMEDOR funcionará desde o día 10 de setembro de 2015 ata o 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.

Distribuir contido


by Dr. Radut