EspazoFamilias: Xornadas da Mellora da Comunicación Familiar

Atendidas as propostas de mellora recollidas en ediciones anteriores, este ano, a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre os participantes.

Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiecias en torno a gran tarefa que temos como pais de escoitar aos nosos fillos e fillas e facermos escoitar.

Introdúcese tamén outra novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar, incluir á rapazada como parte fundamental destas xornadas. programando actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar.

As sesións estarán a cargo de:

Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións

Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores

 

Xaime Bello (Proxecto Turbina)

Adolescentes a partir de 13 anos

 

Alba Pérez (Educadora Social)

Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos

 

Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte

enlace:

https://espazofamilias.org/reserva/

As demáis actividades non precisan de reserva.

Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril

Hora: 18.00h

Lugar: Centro Social de Boiro

 

Animámosvos a participar!!!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

O prazo de admisión de novo alumnado permanecerá aberto do 1 ao 21 de marzo.

Pode consultar a documentación a presentar nos adxuntos e no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

 

DESFILE ENTROIDO

O venres, 17 de febreiro, terá lugar o desfile de Entroido ao que estades todos e todas convidados.

Saíremos do centro ás 11:00 horas xunto cos compañeiros e compañeiras do CEIP Santa Baia.

Podedes ver o percorrido do desfile na seguinte imaxe. O alumnado de Educación Infantil realizará un percorrido máis curto, voltando ao centro ao chegar ao cruce da Avenida de Compostela que dá acceso ao noso centro.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

28 DE FEBREIRO ÁS 17:00

7 DE MARZO ÁS 17:00

Cita Previa

881866545

ceip.praia.xardin@edu.xunta.es

 

Ceip Praia Xardín de maria

MANDADIÑOS DO FELIPIÑO


Co Entroido, chegan os mandadiños do Felipiño:

 

 

 

 

Distribuir contido