DÍA DA PAZ

Podcasts do primeiro trimestre. Curso 2023-2024

Aquí podedes escoitar as primeiras producións da nosa radio escolar.

Radio escolar · -Receita Cociña - 3ºA

Radio escolar · A treboada. 6ºA

Radio escolar · O Grinch. 3ºB

Radio escolar · Diablillos 5ºB Inglés

Radio escolar · Entrevista Medha . Inglés

Radio escolar · O Apalpador -6ºINFANTIL

Radio escolar · Durante a celebración do Samaín, o alumnado de 4º de Educación Primaria gravou un programa de radio no que contaron coa colaboración dos usuarios/as do Centro de DIA, aos que queremos agradecer o bo rato que pasamos con elas e con eles.

 

MENÚS SEGUNDO TRIMESTRE

ADMISIÓN ALUMNADO

 

O proceso de admisión de alumnado comeza o 16 de xaneiro.

PRAZO DE RESERVA: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro. Para alumnado de 6º de Educación Primaria que reserva praza no IES Praia Barraña.

PRAZO DE ADMISIÓN: do 1 ao 20 de marzo. Para alumnado que cambia de centro pou comeza a súa escolarización.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño. Para alumnado que é admitido no centro.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

INFORMACIÓN USUARIOS DE COMEDOR

HORARIO DE COMEDOR

O horario de comedor abrangue das 14:30 horas ás 15:45. O persoal que permanece no centro neste horario está adicado a tarefas de atención e coordinación do servizo, polo que o alumnado non poderá ser recollido no centro antes das 15:45 horas, salvo casos excepcionais debidamente xustificados ou por indisposición do alumno/a.

 

COMUNICACIÓN DE NON ASISTENCIA AO COMEDOR

Tal e como establecen as instruccións de comedor para o curso 2022/2023, que poden consultar no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucion_2-2022_xd.pdf

os usuarios/as de comedor teñen a obriga de comunicar ao centro a non asistencia ao mesmo. Esta comunicación realizarase exclusivamente a través do correo electrónico do centro ceip.praia.xardin@edu.xunta.es.

Así mesmo, os usuarios que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.

 

Distribuir contido