blogue deadmin

SOLICITUDES COMEDOR E TRANSPORTE ADMITIDAS

Todas as solicitudes de comedor e transporte presentadas para o curso 2023/2024 foron admitidas.

Os usuarios de comedor que teñen recibos pendentes, deberán efectuar o pago antes do 1 de setembro, de non ser así, quedarán excluídos deste servizo. 

ATENCIÓN DURANTE O PERIODO VACACIONAL

Para cuestións administrativas, pode contactar co centro a través de:

Correo electrónico:

ceip.praia.xardin@edu.xunta.gal

Teléfono:

881866541

COLABORADORES/AS COMEDOR ESCOLAR

 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro , que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

 

 

SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2023/2024

 

Dende o martes 4 de xullo e ata o martes 11 de xullo, ámbolos dous inclusive, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza nos servizos complementarios de transporte e de comedor.

O mércores 12 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos en cada un dos servizos. Na listaxe, por mor da lei de protección de datos, en lugar do nome do beneficiario aparecerá un código que lle será asignado no momento da presentación da solicitude.

Dende o día da publicación provisional estableceranse 7 días hábiles para posibles reclamacións.

O venres 21 de xullo farase pública a listaxe definitiva na que figurarán os códigos correspondentes ás solicitudes aceptadas.

A solicitude poderase entregar de xeito presencial no centro (de 9:30 a 13:30) ou vía correo electrónico (ceip.praia.xardin@edu.xunta.es)

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

No documento adxunto poden consultar o listado de libros de texto para o curso 2023/2024.

 

Distribuir contido