Luns, 10 de xuño: 3º día da excursión a Cabárceno

Aínda que o día amanece nubrado, a choiva parece ser que nos deixou. Hoxe o día promete. Ás 9:30 partimos cara os Picos de Europa e logo pola tarde, visita a San Vicente de la Barquera.

Diario dos/as alumnos/as de 6º

A chegada aos Picos de Europa foi moi emocionante, xa que atopamos neve nestes meses de primavera. Para comezar a visita subimos no teleférico de Fuente Dé, a vista era moito mais bonita que dende abaixo.

Vistas dende o teleférico

Ao chegar ao cumio optamos por facer unha guerra de bolas de NEVE.

Guerra de bolas de neve

Fixemos un xogo para escoitar o son da natureza contando minutos mentalmente. Á baixada decidimos comer alí, xa que logo visitariamos Potes.

Fixemos unha paradada no Monasterio de Santo Toribio de Liébana, famoso por ter a relíquia dun anaco de madeiro da cruz de Cristo.

Entramos  no clausto do mosteiro, no cal se atopaba a fonte dos desexos. Algúns botamos moedas na fonte.

Fonte dos desexos

No pobo de Potes aproveitamos para mercar algúns "souvenires".Tamen vimos ríos coas súas pontes, explicáronnos que as pontes eran a razón do seu nome.

Baixando de Potes, atravesamos polo desfiladeiro da Hermida por donde parecía que as enormes paredes naturais de pedra ían caer sobre nós.

Desfiladeiro da Hermida

Logo visitamos o pobo natal do famoso cantante David Bustamante, chamado San Vicente de la Barquera, alí vimos un castelo e unha igrexa bastante antigas e fermosas, ainda que tivemos que subir bastante, pero mereceu a pena.

Zona antiga de San Vicente de la Barquera

Cando chegamos ao albergue había tres grupos máis, un de Madrid, outro de Zaragoza e outro máis de Galicia. Os nenos procedentes de Zaragoza son discapacitados (Síndrome de Down).

Unha vez nas habitacións, aseámonos como todos os días, baixamos ao comedor para cear, e os profesores felicitáronnos polo noso bo comportamento.

Na velada de hoxe disfrutamos todos xuntos entre risas e xogos. Como de costume ao rematar subimos ás habitacións, xa que mañá nos espera un longo día.

Texto escrito por María Jacobs, Catarina da Silva (alumnas de 6ºA) e Sara Romero (alumna de 6ºB)