Skip to Content

Domingo 9 de xuño: 2º día da excursión a Cabárceno

A mañá recíbenos con choiva. Ás 9:45h. saímos hacia as covas de Altamira. As actividades do día de hoxe tamén van estar condicionadas polo tempo. Que lástima!

Pola tarde unha boa nova: parou de chover!

Diario dos/as alumnos/as de 6º en Cantabria.

Pola mañá, fumos á neocova de Altamira, donde vimos as covas nas que vivian os homo-sapiens. Descubrimos que eran uns grandes artistas polas súas pinturas rupestres e aprendemos moitas cousas, por exemplo, como cortaban a carne con pedras, como talaban as pedras dándocche forma de punta de lanza, de coitelo, de punta de arpón, etc....Despois fomos a Santillana del Mar percorrendo a vila medieval e donde aproveitamos para comprar algúns recordos para as nosas familias. Encantounos!

Pola tarde, fumos a Santander e visitamos o palacio da Magdalena. No parque que está antes de chegar ao palacio, quitámoslle  fotos aos animais: Focas, leóns mariños e pingüins .No palacio da Madalena viviu o avó do actual rei. A nosa monitora contounos que no palacio había 365 ventás, unha para cada día do ano, e tamén que os exteriores do palacio utilizaronse para rodar algunhas esceas da tan famosa serie Gran Hotel.

Palacio de la Magdalena

Baixamos a un parque onde os nosos compañeiros xogaron un partido de futbol contra uns rapaces de Móstoles-Madrid. Pasámolo moi ben aínda que perdemos o partido...!

Despois, fumos a o faro de Cabo Maior e á volta pasamos polo centro Santander en autobús pasando polo campo de futbol de "El Sardinero" e tamén vimos o primeiro banco Santander...

E para rematar fixemos unha especie de TU SI QUE VALES. Pasámolo moi ben!!

Os gañadores do concurso

Texto de Sabela Martínez e Sandra Martínez, alumnas de 6ºA



page | by Dr. Radut