Skip to Content

Martes 11 de xuño: 4º día da excursión a Cabárceno

Ao fin un día de sol. Preséntase pois, un bonito día para a actividade de hoxe: visita ao Parque Natural de Cabárceno. A visita vaise a realizar en dúas partes, unha pola mañá e outra pola tarde.

pola tarde á volta do parque, realizaremos as actividades que non se poideron levar desenrolar o primeiro día por mor da choiva.

Hoxe temos dous nenos de cumpre: Lucía e Pablo Trasbach. Algunha sorpresa terán. Parabéns aos dous.

Diario dos/as alumnos/as de 6º a Cabárceno.

 Hoxe fumos ao Parque Natural de Cabarceno, vimos moitos animais entre eles os tigres,gorilas,avestruces,hipopotamos,ñus,emues,osos...

Primeiro visitamos aos tigres mentres uns durmian outros divertianse xogando cos matorrais.Despois fumos ver aos gorilas e tivemos a sorte de ver a unha cría.Tamén vimos ás avestruces,ñús,as xirafas e aos emues azuis.Coñecemos a historia de Aragón e Nuri, estes dous osos foron criados dunha ,maneira especial.Aragón  e un oso que  cazaron os furtivos e enton foi trasladado para o Parque Natural  de Cabarceno , Nuri foi unha osa rechazada pola sua nai.

Ao final da mañan fumos ver un espectaculo de aves como a aguia real aguia calva ...

Regresamos ao albergue comemos e volvemos para o Parque para poder ver a actuacion dos leons mariños e para rematar de ver os animais que non pudemosver á mañá.



page | by Dr. Radut