Skip to Content

Sábado 8 de xuño: 1º día da excursión a Cabárceno.

Ás 8:40 saímos dende o colexio, practicamente respectando o horario previsto. O día recibiunos un pouco "tristón" con ameaza de algunha "pinga" de auga. Os rapaces, todos ilusionados e ansiosos despídense de seus pais.

Durante o camiño, o tempo mantense igual. De momento sen choiva.

Os rapaces, de momento, de excelencia.

Antes da hora prevista, chegamos a área de servicio de Guitiriz.

 

Primeira visita turística: Praia das Catedrais, cumprindo horarios. Aínda que cae algunha que outra pinga de auga, esto non impide que vexamos a maxestuosidade das rochas erosionadas pola forza do mar. Os rapaces enchéronse de facer fotos (menos mal que agora as cámaras non levan carrete!).

 

Praia das Catedrais

Atrás queda Galicia e entramos no Principado de Asturias. Diferentes comunidades mesma paisaxe.
Hora de comer. O que tiñamos previsto, que era comer en Ribadesella, non vai ser posible por culpa da choiva, polo que paramos a comer nun área de servizo. De todas maneiras, pasaremos a facer unha visita pola desembocadura do río Sella.
Chegada ao albergue de Cabárceno

Na hora programada  chegamos ao albergue. Recibíronnos as tres monitoras que van estar cos rapaces e déronlle todalas normas que deben cumprir dentro do albergue. Tamén procederon ao reparto de habitacións e logo ao control de móbiles e cámaras. Nestes momentos tódolos nenos e nenas xa se atopan disfrutando das actividades sinaladas para hoxe.

Tiro con arco

A choiva xogounos unha mala pasada, pois non puidemos realizar practicamente ningunha actividade ao aire libre. Sen embargo as monitoras tiñan preparados unha serie de xogos cos que o pasamos moi ben. Ao rematar, tocou ducha, e logo cea. Agora estamos a pasalo "pipa" na disco.

 



page | by Dr. Radut