5º curso EI

A COLLEITA

HOXE FOMOS O INVERNADOIRO PARA VER COMO ÍA A NOSA PLANTACIÓN.AS LEITUGAS XA MEDRARAN MOITO,OS PEMENTOS,OS TOMATES,...DABA GUSTO VELOS.MIRADE,MIRADE,...

 
                                 

 

CONTOS

ESTA SEMANA ENTRE OS CONTOS QUE CONTAMOS QUERÍA MENCIONAR DOUS QUE LLES GUSTOU MOITO " A CEBRA CAMILA" E "A QUE SABE A LÚA".SON DOUS CONTOS MOI INTERESANTES QUE VOS RECOMENDO.NA BIBLIOTECA DE NICOLEO TEMOS UN DELES E PENSO QUE ALGÚN XA LLO PEDÍU PRESTADO A NICOLEO.NOS VOS ESQUEZADES DE LER UN CONTO TÓDOLOS DÍAS.

OS DINOSAURIOS

COMO XA SABEDES ESTAMOS A TRABALLAR O TEMA DOS DINOSAURIOS,POIS DESPOIS DE LER,INVESTIGAR,VER PELÍCULAS,DE VISITAR A BIBLIOTECA DE NICOLEO,...XA SABEMOS MOITAS COUSAS.SABEMOS QUE SIGNIFICA A PALABRA DINOSAURIOS,O QUE COMÍAN,SE FACÍAN CACA,PORQUÉ DESAPARECERON,...E MOITAS COUSAS MÁIS,..NESTA PRESENTACIÓN RECOLLEMOS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS.TEDES MOITA INFORMACIÓN QUE UTILIZAMOS NA AULA VIRTUAL.BOTÁDELLE UNHA OLLADA.

EL PEZ ARCOIRIS

ESTA SEMANA ESTIVEMOS LENDO O CONTO "EL PEZ ARCOIRIS" E LLES GUSTOU MOITO.TRATA TEMAS COMO A AMIZADE,COMPARTIR,... .DÉIXOVOS UN VIDEO PARA QUE O PODADES VER NA CASA.ESPERO QUE VOS GUSTE.

 

MIRADE COMO MEDRAN!!!

HAI UNS DÍAS PLANTAMOS CÉSPEDE E MIRADE COMO MEDROU.

OS MAIOS

ESTA SEMANA CELEBRAMOS OS MAIOS .DENDE O CONCELLO OFERTAN ESTA ACTIVIDADE QUE CONSISTEN E FALAR UN POUQUIÑO DE QUE É ESTA FESTA,REALIZAR UN BAILE E POR ÚLTIMO FACER O NOSO PROPIO MAIO.

A PLANTAR!!!!

A semana pasada estivemos moi atarefados de labregos xa que tocou plantar leitugas no invernadoiro e despois plantamos na aula nos brics que trouxemos da casa.A verdade que somos todos uns profesionais.Agora toca regar e esperar.Esperemos que teñamos máis sorte que cando plantamos as cabazas pois  non saíu nin a primeira.

INTERCENTROS

Como cada ano dende hai 24 anos celébrase o certame intercentros,onde se festexa o día das letras galegas.Neste certame participan todos os colexios públicos de Narón en colaboración co noso concello.Este ano tocoulle organizalo ao CRA de Narón e para o ano no seu 25 aniversario tócalle ao noso cole.

O día das letras galegas deste ano esta adicado a Roberto Vidal Bolaño,un escritor,director,actor,... galego que morreu no ano 2002.Os nenos de 4 anos fixemos un mural dunha obra súa titulada "Animaliños".Todos os traballos que fixemos os colexios están expostos no Pazo Da Cultura de Narón e que podedes ir a velos cando queirades.Espero que vos guste.

A PRIMAVERA

Coma cada ano cando chega a primavera decoramos a clase con cousas típicas da estación flores,follas, animais,... e este ano non podía ser menos.Mirade que bonito nos quedou.

primavera - foto montaje

Día do libro

       O día 23 de Abril celébrase o día do libro e o cole dende hai 4 anos celebra a feira do troco onde os nenos e nenas traen das súas casas contos que xa non usan,que xa non lle prestan atención,.. e os poden cambiar por outros que lles guste.Esta feira remata o venres asi que vos animo a que participedes.Dende a aula fixemos un marcapáxinas que cada neno decorou deixando voar a súa imaxinación flores,dinosaurios,soles e ata lúas,... quedaron ben chulos para que cando teñamos que deixar un conto a medias saibamos en que páxina o deixamos.

Distribuir contido