4º curso EI

FESTA FIN DE CURSO

O XOVES TIVEMOS A FESTA DE FIN DE CURSO ONDE PREPARAMOS XOGOS CON AUGA,XOGOS CON PARACAÍDAS E POPULARES.PASAMOS UNHA MAÑA MOI DIVERTIDA AGORA TOCA REPOÑER ENERXÍA PARA COMENZAR O VINDEIRO CURSO CON MOITAS GAÑAS E FORZA.BO VERÁN A TODOS E TODAS.UNHA APERTA MOI FORTE E ATA O VINDEIRO CURSO.

ANIVERSARIO DE NOA,THIAGO E XABIER!!!

O MARTES FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE NOA QUE CUMPLE CATRO ANOS NO MES DE XUÑO E DE THIAGO E XABIER QUE CUMPLEN CATRO ESTE VERÁN.MOITAS FELICIDADES E GRAZAS AS FAMILIAS POLAS CHUCHES ESTABAN RIQUÍSIMAS.

PLANTAMOS DÚAS ÁRBORES

O MARTES PLANTAMOS DÚAS ÁRBORES NO PASEO DE XUVÍA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN CROIO E O CONCELLO DE NARÓN.TRABALLAMOS DURAMENTE E Á VOLTA DO VERÁN VISITAREMOS AS NOSAS ÁRBORES PARA VER CANTO MEDRARON.

PORTADAS

ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS REMATANDO OS NOSOS TRABALLOS E FACENDO AS PORTADAS DO NOSO LIBRO DO TERCER TRIMESTRE QUE É UNHA HOMENAXE A NOSA CANCIÓN "CATRO VELLOS MARIÑEIROS" POIS É A NOSA BANDA SONORA DESTE ANO.COMO PASA O TEMPO HAI NADA COMEZABAMOS NO COLE DE MAIORES E AGORA XA IMOS PARA A CLASE DE CATRO E DEIXAMOS DE SER OS PEQUENOS DO COLE.

RECLICAXE

A SEMANA PASADA ESCRIBIMOS UNHA CARTA ENTRE TODOS CO ORDENADOR AO CONCELLO DE NARÓN DE AGRADECEMENTO POR FACILITARNOS UN CONTENEDOR AMARELO PARA PODER RECLICAR OS NOSOS ENVASES E PLÁSTICOS.HAI UNHAS SEMANAS QUIXEMOS BALEIRAR A NOSA PAPELEIRA E NON TIÑAMOS CONTENEDOR AMARELO E DESPOIS DE FALAR CO CONCELLO CONSEGUIMOS O NOSO OBXECTIVO FINAL COMO POLICIAS DO PLANETA QUE O NOSO CENTRO TEÑA CONTENEDOR VERDE,AZUL E AMARELO.

BO TRABALLO POLICIA DO PLANETA MISIÓN CUMPLIDA!.

A XOGAR

A SEMANA PASADA NON PUBLIQUEI NADA E TEÑO MOITAS COUSAS QUE CONTARVOS.OS COMPIS DE SEGUNDO VIÑERON A ENSINARNOS UN MONTÓN DE XOGOS A CORDA,A GOMA,AS PLAMAS, A PETANCA,... POIS ANDABAN INMERSOS NUN PROXECTO DE AMENIZAR O RECREO CON XOGOS DE SEMPRE E BUSCAR UNHA ALTERNATIVA AO FUTBOL.PASAMOS UN RATO MOI DIVERTIDO.MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE SEGUNDO E A SÚA PROFE,ANA POR ENSINARNOS TANTOS XOGOS.

A CORTAR !!!

HOXE RECORTAMOS UN QUEBRACABEZAS MOI ESPECIAL,ERAMOS NÓS,VAIA SORPRESA!!!

TIVEMOS QUE RECORTAR POLA LIÑA E DESPOIS MONTAMOS DE NOVO A NOSA CARA,PEGÁMOLA NUN FOLIO E PUXEMOS O NOSO NOME.O FIXEMOS FENOMENAL AÍNDA QUE ALGÚNS PRECISARON UNHA AXUDIÑA QUEDARON MOI CHULOS.BO TRABALLO!!!

COCIÑANDO!!

O XOVES FIXEMOS PIZZA PERO XA LEVAVAMOS UNS DÍAS FALANDO DE QUE PODIAMOS COCIÑAR NA CLASE E DECIDIMOS FACER PIZZA POIS NOS GUSTABA A TODOS/AS PERO CLARO TIÑAMOS QUE PENSAR QUE INGREDIENTES ÍA LEVAR A NOSA PIZZA.DESPOIS DE MOITO CABILAR,FALAR,PROPOÑER DECIDIMOS EN EQUIPO QUE A NOSA LEVARÍA TOMATE,QUEIXO E SALCHICHA.VIMOS VIDEOS DE COMO SE FACÍA A PIZZA,ALGÚN COMPAÑEIRO/A CONTOUNOS COMO A FACÍAN ELES NA CASA.XA ESTABA TODO MOI FALADO E DECIDIDO ASÍ QUE O XOVES PUXEMOS O MANTEL E A COCIÑAR.COLOCAMOS A MASA,BOTAMOS TOMATE,CONTAMOS AS LONCHAS DE QUEIXO QUE TRAÍA O PAQUETE,CANTAS UTILIZAMOS,CORTAMOS AS SALCHICHAS ,CONTAMOS, COLOCÁMOLAS ENRIBA DO QUEIXO E ESPOLVOREXAMOS O QUEIXO RAIADO,METIMOS NO FORNO QUENTE E AGORA TOCABA ESPERAR A QUE A NOSA PIZZA ESTIVERA BEN COCIDIÑA.Á VOLTA DO PATIO XA TIÑAMOS TODO LISTO ASÍ QUE UN POUCO DE PIZZA E UN BEBIBLE DE AMORODO FOI A NOSA MERENDA DO XOVES,DELICIOSA.

TODOS BUSCANDO A NEMO

O MÉRCORES TIVEMOS A VISITA DE VALENTINA A IRMÁ DE VALERIA E TODOS/AS OS SEUS COMPAÑEIROS/AS QUIXERON ACOMPAÑAR A SÚA COMPAÑEIRA NA ACTIVIDADE DE CONTACONTOS POIS ALGÚN DELES AXUDÁRONNA A FACER UNS PEIXES QUE DESPOIS LEVAMOS DE AGASALLO.O CONTO ELEXIDO FOI "BUSCANDO A NEMO" MOI COÑECIDO POR TODOS NÓS E O SABIAMOS DE PRINCIPIO A FIN.MOITAS GRAZAS VALENTINA E A TODOS E TODAS OS COMPAÑEIROS POR ACOMPAÑARNOS.CON ESTA VISITA DAMOS POR FINALIZADA A ACTIVIDADE DE CONTACONTOS DE ESTE ANO.FOI UN PRACER COMPARTIR UN TEMPIÑO CON TODOS VOS.MOITAS GRAZAS POLAS ACTIVIDADES,POLOS CONTOS TAN CHULOS ESCOLLIDOS,POLOS AGASALLOS,POLOS MOMENTOS DE RISA,DE NERVIOS,... ASÍ DA GUSTO TRABALLAR PERO NON PENSEDES QUE ESTO REMATA AQUÍ PARA O ANO SEGUIMOS.

ANIVERSARIO DE DANIELLA,FLAVIA E ALEX

ESTA SEMANA POR FIN FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DE MAIO QUE POR MOTIVOS DE ENERMIDADE TIVEMOS QUE CANCELAR, O MARTES FOI O DÍA ELEXIDO POIS NON TIVEMOS EDUCACIÓN FÍSICA POIS A PROFE ANA ESTABA DE EXCURSIÓN COS COMPIS DE 6º.PREPARAMOS AS COROAS,OS LIBROS DOS CUMPLEAÑEIROS E DESPOIS FESTA RACHADA CHUCHES,BAILE,CANTE,...COMO NOS GUSTA A FESTA.MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA AXUDA E COLABORACIÓN E UNHA APERTA MOI GRANDE PARA  ALEX,DANIELLA E FLAVIA QUE XA TEÑEN CATRO ANOS,QUE MAIORES!!!. 

Distribuir contido