1º Ciclo
Obradoiro de Corresponsabilidade 2ª parte
O día 27 de abril volveron visitarmos Belén e Mayte do Concello para ensinarnos a amosar os nosos sentimentos a partires de distintos elementos. E, para rematar, unha enquisa para ver que nos pareceu...
Aquí podedes ver o que fixemos para rematar este Obradoiro. Moitas gracias, chicas!! Foi moi divertido!!
Contos da corresponsabilidade
Na primeira visita de Belén e Mayte os alumnos do 1º ciclo fixemos uns contiños ós que lles puxemos voz.
Os podedes ver aquí debaixo sen voz e descargalos picando nos títulos para poder escoitalos nas vosas casas (para poder velo correctamente hai que ter o Office 2007).
MAIOS 2012
O día 3 tivemos a oprtunidade de coñecer un pouco máis sobre a festa dos Maios.
Aprendimos uns pasos de baile e uns ritmos tradicionais, pintamos un pouquiño e finalmente decoramos un maio para a exposición do día 12 no colexio de Piñeiros. Non deixedes de visitala!
Inclúo unha lista de reproducción para que vexades diferentes momentos da sesión. Disfrutade de tódolos vídeos.
OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE
O día 20 de Abril tivemos a visita de Belén e Maite, dúas rapazas do concello que nos axudaron a saber máis sobre a importancia da corresponsabilidade. Para empezar fixemos unhas actividades plásticas, a continuación grabaron a nosa voz para confecionar un contiño, por último xogamos. O próximo venres 27 voltarán para rematar os traballos.
baile do 1º ciclo
Aquí podedes ver o baile que os alumnos do 1º ciclo fixemos para os nosos compañeiros como parte do proxecto de interculturalidade
E, para unha visita do alcalde de Narón e da Conselleira, volvimos facer os bailes que seguro lles ían gustar. Se queredes velo, podedes picar neste enlace
A nosa cantiga multicultural
Enviado por avotero o Dom, 05/02/2012 - 12:42Aquí podedes escoitar a cantiga que imos utilizar para o baile do proxecto. Está composta polas dúas cancións escollidas para o proxecto pero un pouco retocadas. Esperamos vos gusten
2:15 minutes (2.06 MB)
cantiga do entroido
Enviado por avotero o Xov, 02/02/2012 - 13:39Os nenos de 1º e 2º curso de primaria imos cantar e bailar ó ritmo de Fatou Yo, unha canción senegalesa cantada por Faltriqueira, un grande grupo de rapazas galegas. No vídeo podemos ver a canción orixinal.
Ademais tamén imos bailar ó son da música de Oceanía coa canción Epo e Tai, tradicional canción infantil que neste vídeo pode verse coas danzas propias dos aborixes australianos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4