Actividades

"O SOL" DE MANUEL MARÍA

O VENRES OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CANTARON E BAILARON A CANCIÓN "O SOL" CON LETRA DE MANUEL MARÍA E INTERPRETADA POR SUSO VAAMONDE. SE QUEREDES VER AS FOTOS DA ACTUACIÓN PREMEDE NA IMAXE E PARA VER O VIDEO DA ACTUACIÓN MIRADE EN "VIDEOS INFANTIL" NA AULA VIRTUAL (NON ESQUENZADES INTRODUCIR A CONTRASINAL). 

NORABOA A TODOS OS PEQUES PARTICIPANTES!

 

ACTUACIÓNS NO PAZO DA CULTURA

O VENRES DÍA 29 DE ABRIL A NOSA ESCOLA PARTICIPARÁ NO CERTAME INTERCENTROS NAS MODALIDADES DE EXPRESIÓN ORAL E CANCIÓN.

O 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL INTERPRETARÁ A CANCIÓN, "O SOL", POEMA MUSICADO POR SUSO VAAMONDE. NO CASO DE EDUCACIÓN PRIMARIA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA RECITARÁ "A LÚA" POEMA DE MANUEL MARÍA INCLUÍDO NO LIBRO DE POEMAS "OS SOÑOS NA GAIOLA" E O ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA REPRESENTARÁ UNHA OBRA DE TEATRO "DEZ PIRATAS" DE GLORIA SÁNCHEZ. 

ESTA SEMANA ESTÁN ENSAIANDO A TOPE, ASÍ QUE SEGURO LLES SAIRÁ XENIAL.

   

 

                                                             

EXPOSICIÓN DE MURAIS E CONTOS ILUSTRADOS

CHEGOU O DÍA, E A PARTIR DE HOXE ATA O 20 DE MAIO ESTARÁN EXPOSTOS OS MURAIS E CONTOS ILUSTRADOS QUE FIXEMOS NA ESCOLA PARTICIPANDO NO CERTAME INTERCENTROS.

A EXPOSICIÓN É NO PAZO DE CULTURA DE NARÓN, ONDE PODEREDES VER OS MURAIS DA NOSA ESCOLA E DOS DEMAIS CENTROS PÚBLICOS DO CONCELLO.

A INSPIRACIÓN DEÚNOLA MANUEL MARÍA E O SEU LIBRO DE POEMAS "OS SOÑOS NA GAIOLA", XA QUE PARTE DOS MURAIS REPRODUCEN "O SOL", "O ARCO DA VELLA", "A LÚA" E "A BOLBORETA", POEMAS DO CITADO LIBRO. 

O ALUMNADO DE 5º E 6º PARTICIPA NA MODALIDADE DE CONTO ILUSTRADO, COS CONTOS "A SEREA DE AUGA DOCE""AS TRES IRMÁS" .

 

NORABOA A TODOS E TODAS POLO TRABALLO.

 

ACTIVIDADES EN LIÑA DE MANUEL MARÍA

ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTÁ DEDICADO AO POETA MANUEL MARÍA. POUCO A POUCO NAS CLASES IREMOS COÑECECENDO MOITAS COUSAS SOBRE EL.

PARA COMEZAR QUE MELLOR QUE XOGAR NA INTERNET COS XOGOS QUE ELABORARON OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO C.E.I.P. GALÁN, A TRAVÉS DO SEMINARIO GALÁN. PREME NA IMAXE E VAI A "ACTIVIDADES EN LIÑA".

XXVII CERTAME INTERCENTROS

Un clásico do mes de abril nas escolas do noso concello é o Certame Intercentros, que este ano chega a súa edición número vintesete. O centro organizador este ano é o I.E.S Terra de Trasancos, ao que lle desexamos moito éxito nesta dura tarefa de organización para que todo saía o mellor posible.

Na nosa escola xa estamos a preparar a nosa participación, ben facendo murais ou preparando algunha actuación, pero de momento non podemos adiantar nada máis. 

O certame celebrarase a finais do mes de abril no Pazo da Cultura de Narón. En breve contarémosvos máis cousiñas.

 

TALLER DE MÚSICA TRADICIONAL

ESTA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA DE BEA E DANI, PARA FACERMOS UN TALLER DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA. A ACTIVIDADE REALIZOUSE NO PAVILLÓN E ASISTIMOS POR QUENDAS. FOI MOI INTERESANTE PORQUE VIMOS MOITOS TIPOS DE INSTRUMENTOS, ALGÚNS QUE PODEMOS FACER NÓS NA CASA COMO FACER SOAR DÚAS CULLERES... HABERÁ QUE PROBALO!

VIMOS E ESCOITAMOS UNHA GAITA, PANDEIRO, PANDERETA, A ZANFONA, AS TARRAÑOLAS... E DESPOIS TOCOU BAILAR UNHA MUIÑEIRA, FOI MOI DIVERTIDO!

AGRADECEMOS AO PADROADO DE CULTURA DO CONCELLO DE NARÓN A REALIZACIÓN DESTA ACTIVIDADE POLAS ESCOLAS DO CONCELLO XA QUE DUN XEITO LÚDICO E MOTIVADOR ACHEGAN AOS PEQUENOS E PEQUENAS UNHA PARTE ESENCIAL DAS NOSAS RAÍCES: A MÚSICA TRADICIONAL. ESPERAMOS VERVOS PRONTO DE NOVO DANI E BEA, GRAZAS POR VIR!

 

Xogando con Rosalía

Para aprendermos cousas de Rosalía de Castro que mellor que xogar un pouco en rede...

 

LIM sobre Rosalía (preme nas imaxes)

24 de febreiro: Día de Rosalía

O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Se premes na imaxe poderás coñecer a súa biografía e obra así como algunhas imaxes da escritora na web da fundación que leva o seu nome.

QUEIMA DO MECO

ESTE ANO A TEMÁTICA DOS DISFRACES DE ENTROIDO FOI OS XOGOS OLÍMPICOS CO GALLO DA CELEBRACIÓN DOS MESMOS EN BRASIL NESTE ANO 2016. CADA CURSO ESCOLLEU UN DEPORTE ASÍ QUE O DESFILE RESULTOU DO MÁIS VARIADO. EN BREVE FAREMOS UNHA PRESENTACIÓN PARA QUE VEXADES OS NOSOS DISFRACES, PERO MENTRES AMOSÁMOSVOS A QUEIMA DO MECO, UNHA TRADICIÓN DA NOSA ESCOLA NA QUE JUANJO TEN UN PAPEL FUNDAMENTAL, XA QUE EL MESMO DESEÑA E CREA O MECO.

UN ANO MÁIS SORPRENDEUNOS COA SÚA CREATIVIDADE E O MECO FOI A MASCOTA DOS XOGOS OLÍMPICOS, VINICIUS, UN ANIMALIÑO LARANXA MOI SIMPÁTICO QUE DUROU MOI POUQUIÑO COMO PODEREDES VER NA PRESENTACIÓN.

 

Concurso de larpeiradas 2016

O VENRES DÍA 5 COÑECEMOS O GAÑADOR DO CONCURSO DE LARPEIRADAS DE ENTROIDO. ESTE ANO HOUBO OITO PARTICIPANTES AOS QUE AGRADECEMOS MOITO A SÚA PARTICIPACIÓN XA QUE SEN O VOSO ESFORZO NON SE PODERÍA FACER ESTE CONCURSO. O AGASALLO, COMO TODOS OS ANOS, CONSISTÍA NUNHA CESTA CON PRODUTOS TÍPICOS PARA FACER UN SABOROSO COCIDO: CACHOLA, LACÓN, CHOURIZOS, GARABANZOS E UNHA MADA DE GRELOS. O GAÑADOR COMO VEREDES NA PRESENTACIÓN FOI IAGO BARROS DE 4º DE PRIMARIA E O DOCE ELABORADO FORON UNHAS RICAS ORELLAS.

PARABÉNS IAGO E DISFRUTA DO TEU PREMIO!

 

 

Distribuir contido