5º curso

Visita dos pais de Marco e Nuno

E seguimos co PDI das belas artes! Pero desta vez, tivemos unha visita moi especial!

Os pais de Marco de 5º e Nuno de 2º son uns grandes músicos que, ademais de ser mestres, viven a música con grande paixón.

Nos contaron as súas andainas neste mundo, vimos vídeos dalgunhas das súas actuacións e, o que máis nos gustou, foi velos tocar en familia.

Foi unha actividade fermosísima na que xuntamos o que máis nos gusta: aprender e a visita das nosas familias na escola.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.

 

Visita ao clube de xadrez

Como premio á asistencia do alumnado ao clube de xadrez durante este curso, o profe Marcos programou unha visita ao clube de xadrez para poñer fin así a un curso no que este xogo foi protagonista.

Ademais de xogar unhas partidas, convidáronnos a tomar unha rica merenda e nos ensinaron os seu culbe por se queremos apuntarnos de cara ao curso que vén.

Foi unha experiencia moi chula!!

  

Lingua de signos con Lorena

Ana, a nosa mestra de educación física, é unha grande defensora da igualdade e este ano está a ensinarnos linguaxe de signos para poder comunicarnos coas persoas xordas.

Con esta finalidade trouxo á clase a Lorena, nai de Noa de 6º, e que traballa como intérprete de lingua de signos a nenos xordos. Ela nos amosou algunhas palabras nesta lingua e, sobre todo, a importancia de saber comunicarnos con todo o mundo para crear unha sociedade máis integradora,

Gustounos moito e o pasamos xenial!!

premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo deste día.

Facemos radio nas Olimpiadas nacionais de educación vial

A pesares de non resultar gañadores nas olimpiadas de educación vial, Pedro e Sonia nos pediron se podiamos asistir á actividade para facer un programa de radio onde contamos todo o que alí ía acontecendo. 

Como non, puxémonos mans á obra e convertímonos en auténticos profesionais da radio. Gustounos moito estar alí aínda que nos fose na competición!

 

Visita de Xampatito Pato

E seguimos coas belas artes mais, nesta ocasión, a pesares de non ser unha bela arte en si mesma, puidemos disfrutar coñecendo e vendo facer malabares ao grande Xampatito Pato.

Este grande artisita nos explicou como comezou esta andaina no mundo dos malabares, os sitios que percorreu ao longo destes anos, os anteriores grupos nos que estivo como Pass and Company ou a sorte de poder actuar xunto con outros grandes grupos de artistas como Os Gandini ou os Chipolatas.

Ademais, nos amosou vídeos das súas actuacións e asinounos autógrafos.

Foi un día espectacular, tanto que ata mereceu unha das nosas rosas adicadas ás mellores cousas que nos pasaron este curso. Moitísimas grazas por vir e agardamos que voltes visitarnos cando queiras.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo dalgunhas cousiñas que vimos este día.

Correlingua 2024

Para reivindicar a marabillosa lingua que temos, este ano participamos no festival correlingua. Tivemos o pracer de ser os que levamos a pancarta e berramos o lema da actividade para que todo o mundo saiba que "Dende aquí até acolá, GALEGO XA".

Ademais, gozamos no fantástico concerto de Gramola Gominola, que nos puxo a bailar coma tolos e nos fixo pasalo estupendamente.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo deste súper concerto 

Musical "El rey León"

E seguimos disfrutando do proxecto de Belas Artes deste curso. Nesta ocasión tivemos a sorte de poder asistir á función do musical do Rey León onde puidemos ver a uns actores e actrices moi divertidos cantando e bailando ao ritmo de cancións moi coñecidas para nós e que nos fixeron gozar con eles moitísimo. 

Un precioso xeito de seguir aprendendo das belas artes. Premendo nesta ligazón podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.

Festival intercentros

Este ano tivemos o pracer de participar no festival intercentros de Narón. O súper profe de música, Marcos, fixo para esta ocasión unha marabillosa canción titulada "É o momento" no que o alumnado amosounos a historia dun estraño país onde a xente non quería falar a súa lingua pero, grazas aos nenos, se recuperaron todas as palabras e podemos desfrutar hoxe en dia dunha terra cunha lingua marabillosa.

Para levala a cabo tocaron, cantaron e bailaron, dando o mellor de si mesmos coma sempre fan!!

Foi unha experiencia marabillosa e agardamos que disfrutedes tanto a canción coma eles aprendéndoa e interpretándoa.

Premendo na imaxe podedes ver a actuación dende arriba e dende o escenario.

Visita de Jaime Pablo Díaz

E seguimos coas visitas de artistas. Neste caso tivemos o inmenso pracer de recibir na nosa clase a Jaime Pablo Díaz, bailarín e director da compañía Nova Galega de Danza. 

Contounos a súa historia e a súa viaxe polo mundo da danza dende que comezou nunha pequena compañía de baile, do seu paso polo ballet Rey de Viana e rematando fundando a súa propia compañía na que utiliza a base do baile tradicional galego fusionándoo coa danza clásica, contemporánea e mesmo co flamenco.

Púxonos algúns vídeos de actuacións da súa compañía e mesmo nos bailou un pouco e desfrutou cos nosos bailes.

Foi unha xornada marabillosa na que Jaime nos amosou a súa paixón pola danza, pola súa terra e nos deixou fascinado pola excelente persoa que é.

Podedes ver máis información desta compañía na seguinte ligazón: NOVA GALEGA DE DANZA

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo dalgunhas das cousiñas que nos contou. Foi un inmenso pracer telo con nós e estaremos encantados de que nos visite sempre que queira. Moitísimas grazas!!

 

Día do libro

Para conmemorar o día do libro e reinaugurar a nos querida biblioteca, dende o cole propuxemos ao alumnado traer da casa o seu libro favorito e crear con el a montaña máis alta de libros, en homenaxe ao libro "A montaña de libros máis alta do mundo".

Así creamos a nosa montaña de libros na biblioteca e puxemos en valor a importancia dos libros e a lectura como fonte de desfrute e aprendizaxe.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno video desta actividade

 

 

Distribuir contido