NADAL 2020

Nadal no Ponte de Xuvia

Chegou decembro, e coma sempre desde Dinamización Lingüística, fixemos concurso de Postais de Nadal, este ano, quixemos cambiar as regras e todos os nenos e nenas recibiron un agasallo por aula.

A rapazada de Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria fixeron a mesma postal por aula e o resto de alumnado de Primaria fixo o seu propio deseño e foron eles mesmos os que elexiron que postal representaría a súa clase.

Coas postais gañadoras o equipo de Tics do Centro elaborou 9 calendarios de peto, un para cada aula do colexio. Todos os nenos levaron o seu calendario de peto o día 22 de decembro.

O agasallo para cada aula foi un libro en galego. Algúns dos libros que elixiron as titoras e titores , tendo en conta os intereses do seu alumnado foron:

Os nenos e nenas de 2º de EP recibiron  Erik, o Constructor de Soños,  

Os de 3º de EP Os Minimortos

 Os de 4º A Ciencia no Día a Día.

Os de 6º Esmeraldina, a Pequena Defunta.

Tamén desde o Concello de Narón tivemos un agasallo para os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, desfrutaron dunha obra de teatro de títeres online. A obra titulábase: O Apalpador e a Nena sen Medo. Gustoulles moito!!!

Este  ano o festival tamén foi especial, xa sabedes que non puidemos celebralo como outros anos no Ximnasio, entón decidimos entre todos cantar a canción:  Todos Somos Capitánsde Magín Blanco. (Tedes o vídeo colgada na páxina principal do CEIP Ponte de Xuvia)

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/3832

Aquí vos deixamos fotos de as actividades propostas desde Dinamización neste mes de decembro.

Bo Nadal a todos e Feliz entrada ao novo ano 2021!!!!!!