SAMAIN 2020

O equipo de Biblioteca, este ano 2020, propuxo unha maneira diferente de celebrar o Samaín.

Durante a última semana de outubro, na hora de lectura limos contos de medo. No colexio apareceron tres cemiterios onde cada día aparecía soterrada unha historia de medo para cada aula. Tamén cada grupo elaborou os seus propios contos de medo e Nicoleo elexíu os máis terroríficos para que todos compartiran as súas creacións.

O xoves 29 de outubro decoramos as cabazas e o día 30 fixemos unha exposición no patio cuberto do centro e así todos os nenos e nenas puideron ver as creacións dos seus compañañeiros e compañeiras.

Xa por último comentarvos que o día 30, como outros anos no noso centro, todo o alumnado e profesorado veu disfrazado.

Aquí vos deixo algunha foto da semana do medo, da elaboración e exposición das cabazas e dos disfraces.Premede no enlace para ver a presentación.

 

Feliz Samaín a todos e todas!!!

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d344017329k1716480o2l1/SAMAIN_NL